CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

INFÓRMATE: TIPOS DE BOSQUE

Xa sabes que a algunhas árbores cáenlle as follas no outono. Son árbores de folla caduca . Outras, en cambio, conservan as follas todo o ano. Son árbores de folla perenne .

OS BOSQUES DE FRONDOSAS

Son os que teñen unha maioría de árbores de folla caduca, como carballos, castiñeiros, faias, vidueiras, avelairas.Os bosques que non foron alterados polas persoas conteñen unha mezcla de árbores e arbustos. Xeralmente, unhas especies son máis numerosas que outras. A esas chámaselles especies dominantes.

Nas carballeiras, a especie dominante é o carballo.

Nunha carballeira podemos atopar moitas especies de plantas e animáis.

 

PLANTAS QUE ATOPAMOS NAS CARBALLEIRAS

Silveira Celidonia Violeta Acivro
Ruscus  Cogumelo Hedra Madreselva

 

AVES QUE VIVEN NAS CARBALLEIRAS

Cuco Paporrubio Buvela Ferreiriño
Peto real     Moucho Pega marza  

 

 

Rubideiro azul

        MAMÍFEROS 

Ourizocacho Leirón Xabarín Marta
Porco teixo   Raposo Esquío Coello

               

 INSECTOS: escarabellos, arañas, caracois, miñocas, formigas, volvoretas...

 RÉPTILES: píntega, lagarto,...

 

OS BOSQUES DE CONÍFERAS

Os bosques de coníferas son os que están formados por especies como o piñeiro, o eucalipto, o abeto...Son árbores de folla perenne.

A maioría foron plantados polas persoas para obter madeira para a construcción, xa que medran moi rápido. As árbores están moi xuntas, deixan pasar pouca luz, por iso no chan hai pouca variedade de plantas.

Plantas: fentos, musgos, carrasco, cogumelos

Animais: paxaros: piquituerto, chotacabra, urogallo

             insectos: orugas (procesionaria do piñeiro), formigas,escarabellos,...