CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

OBRADOIROS

Títeres

Co obxectivo de desenvolver diversos aspectos da área de Educación Artística dun xeito máis dinámico, funcionan no Colexio seis obradoiros nos que se integra o alumnado segundo o seu ciclo:  

1º ciclo: Manualidades  e Pintura
2º Ciclo: Cociña e Teatro

3º Ciclo: Imaxe, e Radio Escolar.

  Manualidades

En cada taller favorécese a integración de todo o alumnado do ciclo. Os rapaces aprenden a valorarse entre eles, a ser compañeiros, a axudarse, a respectar ós demais.

   A organización do traballo en obradoiros estimula a creatividade, a experimentación con distintos materiais e a orixinalidade. 

  

MANUALIDADES

        Obxectivos:

                           

  • Favorecer o traballo en equipo.

  • Manipular, experimentar e gozar das distintas técnicas.

  • Desenvolver a motricidade.

  • Agudizar a sensación de tacto.

  • Adquirir destreza e mobilidade.         

  • Desenvolver o sentido estético e creativo.

          ARRIBA

RADIO ESCOLAR

Coa utilización na radio na escola, aproveitando o seu grande poder motivador e utilizándoa diariamente no Centro, coma unha ferramenta máis de traballo, podemos levar a cabo actividades orientadas a conseguir case  tódolos obxectivos educativos das diversas áreas, á vez que se conseguen outros máis xerais, relacionados co alumno/a, co entorno e cos profesores.

Obxectivos:

-         Fomentar nos nenos/as o coñecemento e utilización dos medios de comunicación  dun xeito activo, e non meramente pasivo.

-         Crear unhas relacións máis amplas entre alumnos e mestres e un clima de traballo baseado na liberdade e responsabilidade.

-         Fomenta-la interacción entre pobo e escola.

-         Fomenta-la creatividade e favorece-la imaxinación.

-         Desenvolve-la capacidade crítica.

-         Fomenta-la desinhibición.

-         Crear actitudes positivas para o traballo en equipo.  

-         Contribuir á normalización lingüística.  

Actividades:

-         Emisión de programas en directo durante os recreos da semana.

-         Busca de documentación para a confección dos guións.

ARRIBA

TEATRO

Xustificación da dramatización na escola  

            Se ben é certo que nenos e nenas prefiren que se lles conte un conto mellor ca que se lles lea, mellor aínda prefiren chegar a ser personaxes desa narración. A dramatización ten o poder de converte-los soños (anque sexa momentaneamente ) en realidade e ser ese científico, aviador, médico…,que soñabas. Anque para min a maior das xustificacións é a ledicia que imprime á actividade escolar.

             A forza da dramatización é tal que :  

  • Ten un alto poder incentivador, tanto para o alumnado como para o profesorado.
  • Esixe o expresarse por medio da fala.
  • Esixe o traballo en equipo favorecendo a socialización.
  • Promove reaccións emocionais.
  • Axuda a percibir a realidade con máis profundidade.
  • Desinhibe e agudiza a sensibilidade.
  • Aumenta a confianza en sí mesmos.
  • Deseña formas de colaboración cos pais.
  • Exercita a memoria.

   

É dicir, a Expresión Dramática conxuga actividades mentais, emocionais e físicas, cunha participación integral da persoa, encamiñadas á consecución duns OBXECTIVOS BÁSICOS:     

    1. Descubrir as posibilidades de expresión da fala, do xesto e do movemento, controlándoos para caracterizar personalidades diferentes (tristes, ledos, covardes, ousados, indecisos, xoves, maiores…)
    2. Controlar o espacio físico de forma estática e dinámica.
    3. Controlar a voz e o propio corpo como instrumentos de representación e comunicación dramática.
    4. Favorecer a relación do neno e a nena cos demáis,  nunha integración grupal.
    5. Responder ás necesidades de permanecer en movemento que teñen os nenos e nenas..
    6. Desenvolver a coordenacion fina establecendo conexións entre imaxe mental e a acción.
    7. Desenvolve-lo sentido crítico e de apreciación estética.
    8. Investigar sobre materiais dramáticos (titeres, sombras…) para coñecer as súas posibilidades con fines expresivos, comunicativos e lúdicos.

 

ARRIBA

 PINTURA

Obxectivos:

  • Dar a coñecer ao alumnado distintas técnicas e distintos materiais.
  • Desenvolver a creatividade e o gusto polas actividades plásticas.
  • Facer da pintura unha actividade lúdica.

 Actividades:

    • 1º Cuadrimestre:
      • Estampación con témpera de follas e corcho (“bosque en outono”).
      • Ceras e témpera diluída (“casa e árbore”).
      • Pastel aplicado con plantilla (“tarxetas de Nadal”).
      • Raspado de témpera e cera (“galo”).
    • 2º Cuadrimestre:
      • Ceras sobre papel arrugado (“carauta”).
      • Témpera aplicada con plantilla e esponxa (“fondo mariño”).
      • Pastel e goma de borrar (“maceta con flores”).
      • Témpera con pincel reservando as liñas (“barco”).

ARRIBA

IMAXE

Neste mundo dominado polos medios audiovisuais, os rapaces son, en moitas ocasións, receptores pasivos de multitude de imaxes. Este obradoiro pretende aproximar ao alumnado do Terceiro ciclo á linguaxe audiovisual desde unha perspectiva activa. Así, preténdese que os nenos e nenas coñezan as cámaras de video e fotografía e realicen e monten reportaxes, tanto fotográficas como de video.

OBXECTIVOS:

ü      Coñecer os fundamentos básicos da fotografía e da linguaxe fotográfica.

ü      Conocer e identificar as partes principais dunha cámara fotográfica dixital.

ü      Reflexionar sobre as posibilidades didácticas da fotografía na Educación. Primaria e realizar propostas didácticas para a súa utilización.

ü      Coñecer os principais elementos técnicos do vídeo.

ü      Manexar a cámara de vídeo dixital e iniciarse no uso de técnicas de linguaxe audiovisual.

ü      Utilizar o vídeo coma un incentivo para a creación e o desenvolvemento da imaxinación.

ü      Aproximarse ao proceso de edición de vídeo dixital.

ü      Reflexionar sobre as posibilidades que ofrece o vídeo na escola como recurso didáctico e medio de expresión.

ACTIVIDADES:

ü      Fotografía:

o       Exploración da cámara fotográfica.

o       Práctica de fotografías (ángulos de toma, encadres, composición,…).

o       Realización de reportaxes fotográficas dos distintos actos e festas que organice o colexio.

o       Realización dunha reportaxe gráfica sobre Redondela para incluír no proxecto Comenius.

 

ü      Vídeo:

o       Exploración da cámara de video.

o       Realización de exercicios coa cámara dixital: planos, ángulos, movementos,...

o       Gravación dos distintos actos e festas que organice o colexio.

o       Montaxe das gravacións realizadas.

o       Montaxe dun audiovisual sobre os XXV anos do Colexio.  

ARRIBA

COCIÑA

 

OBXECTIVOS:  

ü      Favorecer a participación activa dos nenos/as en actividades grupais aportando ideas propias.

ü      Aproximar ao alumnado ao coñecemento de receitas de cociña sinxelas.

ü      Adquirir hábitos de hixiene relacionados coa saúde e cunha alimentación sá.

ü      Estimular nos nenos e nenas a curiosidade polo mundo da cociña.

ü      Fomentar hábitos básicos de limpeza e orde.

 

ACTIVIDADES:  

ü      Realización de tartas para a celebración de aniversarios ou festas.

ü      Elaboración de macedonias ou marmeladas con froitos propios da época.

ü      Elaboración de galletas e biscoitos.

ü      Receitas aportadas polos nenos/as.

ü      Colaboración na limpeza, orde e mantemento do obradoiro.

 

ARRIBA