CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

DÍA DA PAZ

CURSO 2004-2005

O 30 DE  XANEIRO CELEBRAMOS O “DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA”

Cada ano, dende 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non-violencia e a Paz en conmemoración do día da morte de Mahatma Gandhi, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, fixérase realidade.

Tamén se conmemora a morte doutro pacifista,  Martin Luther King, que foi asasinado ó igual que Gandhi, de quen aprendeu que a resistencia pacífica era a arma máis potente nas mans dos oprimidos que loitaban pola súa liberdade .

Estes días estivemos facendo diversos traballos nas aulas sobre o significado deste día.

No Colexio, coma tódolos anos, xuntámonos todos para proclamar ben alto os nosos desexos de Paz diante destes fermosos murais cheos de  colorido, ledicia e mensaxes de Paz que voarán por tódolos corazóns.  

Os nenos e nenas de cada clase, co seu colgante no pescozo, colocáronse no patio por cursos para formar cos globos o arco da vella.  

Mentres uns rapaces e rapazas de cada clase colocan os  globos na verxa, os demáis compañeiros leron os textos sobre a paz que estiveron preparando.  

 

 

Para rematar o acto xuntamos as nosas mans e as nosas voces para cantarmos en corro: NO DUDARÍA  de Antonio Flores.

 

 

CURSO 2003-2004

No Día da Paz, en cada aula, o alumnado escribiu, en papeis con forma de ladrillo, lemas, poemas, ou frases sobre a paz e a non violencia. Con todos eles montamos un mural con forma de parede ou muro contra as guerras. 

Tamén inflamos un globo moi grande, recortamos os continentes e os pegamos no mesmo. Quixemos así representar a necesaria armonía e paz entre tódolos pobos do Mundo.

 

Logo os nenos e nenas de Terceiro Ciclo representaron un conto pola paz.

 

 

 

Finalmente o alumnado e o profesorado representou no patio a unión pacífica dos  cinco continentes. Cada continente era presentado cunha música e unha cor e, ó son da canción “Rosa de la paz” cada grupo ía bailando e entrelazándose cos demáis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS POBOS DO MUNDO UNIDOS POLA PAZ

 

 

CURSO 2002-2003

Preparados para soltar mensaxes de PazEste curso pedimos moitos días que haxa paz no mundo. O día 30 do mes de xaneiro celebrámo-lo Día da Paz e non violencia. Fixémolo dun xeito moi vistoso.

Primeiro elaboramos varios lemas pola paz nas aulas. Logo seleccionamos os que íamos ler. O resto metímolo en globos que logo foron inflados. Unha vez no patio do Colexio limos os lemas elexidos en cada curso e procedimos a solta-los globos. Foi un momento moi bonito ó ve-los globos elevarse por riba do noso Colexio e dos montes próximos. Moitos de nós¡Xa están subindo! agardabamos que lle chegaran a algúen e que lese o noso desexo de paz e que nos contestase, por iso puxémo-lo noso enderezo.

Logo fomos á pista cuberta e alí fixemos xogos cooperativos por ciclos cun paracaídas: as ondas, o corro, o paraugas, "Queixo, pan e tomate", "Ollo de boi", "Pombiñas de millo",... Pasámolo moi ben.Xogos co paracaídas

Esta xornada complementouse coa visita ó noso Centro de Anxo Moure que fixo varias sesións de Contacontos pola paz. Resultou moi interesante e gustounos moito. Aprendimos que o respecto cara Somos iguais, somos diferentesós demais é a base de toda convivencia pacífica. Ese é o camiño a seguir para conseguir un mundo máis xusto no que tódalas persoas teñan garantidos os dereitos humanos e poidan vivir en paz. 

  Contos pola Paz                  Lamentáblemente, as nosas mensaxes de paz non deberon chegar moi lonxe posto que no mes de marzo comezou unha nova guerra en Iraq. No colexio Pensamos que as diferencias entre países e entre as persoas non poden ser solventadas por medio da violencia e si a través do diálogo e o entendemento. Por iso, escribimos lemas pola Paz. De entre tódolos lemas eleximos un:

“QUEREMOS PAZ E NON GUERRA, FELICIDADE PARA TODA A TERRA”.  

Con esta frase e coas mans brancas de todo o alumnado e profesorado do Colexio, nas que aparecían os textos que cadaquén escribira,  confeccionamos unha pancarta para ser colgada na fachada da escola.

Todos levabamos na roupa un adhesivo pegado pedindo que non haxa máis guerras e que non se lancen máis misiles.Preparando a pancarta

Unha nena e un neno leron unha adaptación dun capítulo do libro A MEIGA DONA PAZ de Antoniorrobles .Nel, uns nenos van percorrendo cidades lonxanas e visitando mil países, levando os letreiros que eles escribiran a favor da Paz , montados nunhas bicletas aladas. … “En fin, o caso é que esta ledicia da paz entrou en tódolos fogares do noso planeta: en cantas familias viven do Norte ó Sur e do Este ó Oeste no mapamundi; pro ¡completiño, completiño! Xa os nenos non tiñan medo ás guerras que firen ás persoas; xa non receaban endexamáis destes ou doutros estranxeiros.”

Unha vez que comezou a guerra, escoitamos cancións pacifistas mentres gardabamos un minuto de silencio polas víctimas do conflicto.

SI Á PAZ

Oxalá a mensaxe sexa realidade algún día