CEIP DE
CEDEIRA
(REDONDELA) |
||||||||
| Principal | Datos do Colexio | Actividades | Experiencias | Investigación | Creacións | Comenius | O contorno | Novas |
Toda
construcción arquitectónica é o producto
dunhas circunstancias socíais e económicas que se materializan nunha
determinada funcionalidade e nun emprazamento. Un exemplo disto é o pazo
galego, vivenda da fidalguía rural e símbolo do poder económico ostentado por
estes señores a partir do século XVII. Como pazo
entendemos
a casa señorial galega edificada no campo.
O pazo sobresae sobre as construccións campesiñas do seu contorno, converténdose así na reafirmación da autoridade e no auténtico centro de relacións económicas e sociais do Antigo Réxime. Adoitan estar situados na campiña, nas suaves ladeiras dos vales, ocupando un lugar predominante no terreo desde o que o señor contemplaba as súas propiedades.
O
material empregado é a pedra de granito galega, tratada por expertos mestres
canteiros. Ademais da residencia, o pazo consta de capela, canastro, cuadras,
obradoiros e estancias ocupadas pola servidume. Xeralmente están rodeados de
excelentes zonas axardinadas e zonas de cultivo.

SELECCIÓN DOS DEBUXOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |