CEIP DE
CEDEIRA
(REDONDELA) |
||||||||
| Principal | Datos do Colexio | Actividades | Experiencias | Investigación | Creacións | Comenius | O contorno | Novas |
Os nenos e nenas do primeiro ciclo plantamos landras e castañas no mes de xaneiro. Observamos como medraban e fomos facendo anotacións no noso caderno de experiencias. Tamén fixemos fotografías. Este foi o resultado das nosas observacións.
Puxemos as sementes na terra o 11 de xaneiro. Así foi o desenvolvemento dun castiñeiro:
30 de xaneiro: sae o
primeiro brote |
11 de febreiro: o talo
mide 5 cm.
|
28 de febreiro:
o talo mide 9 cm
|
Comezan a medrar as follas. |
22 de marzo: ten tres
follas novas |
5 de abril: o talo
mide 24 cm. Ass follas máis pequenas medraron |
¡Esta é a nosa colleita! |
Para rematar, fomos ao monte e plantamos as novas árbores.
Así, contribuímos a coidar a natureza. ¡ E pasámolo ben!