CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

O RÍO

ACTIVIDADE PARA SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA  

INFORMATE

                          - ¿Cómo se chama o río que vas visitar?                                     

      - ¿A que concello pertence?

      - Investiga onde nace o río e cara onde vai.

MATERIAL A LEVAR

- Calzado e roupa cómodos.           

                                   - Unha lupa.                                     

   - Libreta de notas e lapis.

 

ACTIVIDADES

  •  Observa a vexetación deste lugar:

-nas beiras do río.

-un pouco máis lonxe.

-¿hai no leito do río?

-¿vense algas?

-¿sabes se é caduca ou perenne ?

-¿identificas algunha planta ou árbore?

  •  Toma agora dous paos e ata nos seus extremos unha cordiña duns tres metros. Clava un pao na beira do río e o outro pao clavao perpendicular ó cauce. Toma o caderno e o lapis e debuxa o perfil do terreo e da vexetación pola que atravesa a cordiña. Podes tamén debuxar algunha planta, folla ou flor que che guste.  

  •  ¿Qué nivel de auga leva o río? (fíxate nas marxes e pensa na estación do ano na que fas a visita).  

  •  Observa o río e o seu contorno próximo. ¿Ves animais? ¿Hai peixes, rás, insectos,…? Debuxa algún deles.  
          

  •  Camiña uns metros á beira do río. ¿Que forma ten? Debúxaa.  

  •  ¿Cómo é o leito do río, rochoso ou areoso? ¿Aparenta ter moita ou pouca fondura?  

  •  ¿Que ves no contorno do río?

    -Prados      -Fábricas      -Muiños      -Piscifactoría

    -Casas      -Hortas      -Outros        

  • Analiza o grao de conservación medioambiental:

-Está limpo    -Hai pouco lixo      -Hai moito lixo                               

-Hai un vertedoiro próximo      -Hai vertidos líquidos        

  • Toma nota do tipo de lixo atopado e fai un pequeño traballo escrito sobre as posibles solucións para que a natureza non se degrade.  

Realiza esta visita na vindeira estación para observar os cambios que se van producir co paso do tempo.