CEIP DE
CEDEIRA
(REDONDELA) |
||||||||
| Principal | Datos do Colexio | Actividades | Experiencias | Investigación | Creacións | Comenius | O contorno | Novas |
Este
curso celebramos por terceira vez no Colexio a Semana da Prensa. O traballo con
xornais permítenos aprender dun xeito diferente.
En base ás actividades
propostas cada Ciclo elexiu as máis
axeitadas
ó nivel dos nenos e nenas. Durante varios días realizamos distintos traballos
con diferentes xornais, de ámbito local e estatal, semanarios, revistas...
en galego, español e inglés, que nos permitiron coñecer máis de preto o que é un xornal, como se organiza,
que seccións temos que consultar para obter determinada información,... A
materia de Coñecemento do Medio ten nos xornais unha fonte de recursos moi
grande. Tamén traballamos a Lingua Galega e a Castelá: redactamos novas,
cartas ó director/a, inventamos pés de foto, compuxemos noticias
recortando,... Foi moi divertido e penso que todos e todas aprendemos moito.
Como remate destas actividades contamos coa
presenza de Mercedes Moralejo, fotógrafa de La Voz de Galicia, que
estivo nas aulas vendo os traballos que realizamos. Logo tivo unha charla cos rapaces
maiores para comentar o máis importante e suxestivo da súa profesión. Os
nenos/as quedamos engaiolados polas explicacións que nos deu e coas que
Mercedes nos fixo vivir a súa paixón pola fotografía. Tamén lle preguntamos
as dúbidas que tíñamos sobre o labor dun fotógrafo. E logo retratounos para
que saísemos no seu xornal xunto a un fermoso artigo de Soledad Antón.


En
cursos anteriores contamos coa visita doutros
xornalistas. Nas imaxes vemos a Miguel Ángel Rodríguez (La Voz de Galicia)
mostrando aos nenos/as como se fai un xornal.