CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

OBSERVAMOS O TEMPO

 

 

No Colexio temos instalada unha caseta de meteoroloxía no patio do Colexio. Os nenos e nenas de Segundo e Terceiro Ciclos de Primaria somos os encargados dunha actividade moi interesante: todos os días, entre as 9 e as 9:05 horas observamos a temperatura, a nubosidade, o vento e o réxime de chuvias.

 

 

 

 

No recreo, os alumnos e alumnas do Obradoiro de Radio transmiten a información que nós recollemos a todos a través da sección do Parte Meteorolóxico.

 

Para rematar o noso traballo, facemos uns gráficos con todos os datos.

Aquí podedes ver as que resumen as medicións do curso 2003-2004.