CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

                                                A VENDIMA 

     ¿Cómo empezamos?     ¿Que fixemos?     ¿Que aprendemos?               Actividades posteriores  

 

¿Como empezamos?  

Queríamos participar nunha vendima para:

-saber como se fai o viño na nosa parroquia.

-coñecer mellor o noso contorno e os nosos costumes.

-mostrárllelo ós compañeiros dos colexios de Cerdeña e Chipre.

 

 

¿Que fixemos?

 -Elaboramos un cuestionario por ciclos para saber máis.

Se queres lelos fai clic aquí  

  -Visitamos a adega de Joaquín e Rosa, o pai e a nai do noso compañeiro Hugo.  

  -Vendimamos.

 

 

¿Que aprendemos?  

-A elaboración do viño (fases).

 Primeiro recóllense as uvas nos capachos; logo bótanse na prensa onde primeiro se esmagan e logo se prensan. Despois métense nos pipos onde ferven uns días sen tapar. Máis tarde ferven varios meses tapadas e tamén decantan. Finalmente, embotéllase o viño en no cuarto minguante da Lúa.

-Útiles da vendima.

Temos tesouras, capachos, podichas, prensa, media lúa ou pao, pipos, etc.

-Clases de uva.

   Coñecemos moitos nomes de variedades de uvas:

Brancas: albariño, loureiro, godello,...

Tintas: caíño, mencía, illán, retinto,...

-Os coidados da viña.

De febreiro ata agosto hai que sulfatala para evitar que colla pragas. Hai que face-la poda no inverno e cando xa ten uvas pequeniñas, débese retirar parte das follas para que poidan aproveitar mellor o sol.

 

Actividades posteriores  

Traballos e mural de Educación Infantil.  

Libro na clase de 2º de Primaria.  

Traballos nas aulas: redaccións, debuxos,…

Aquí temos unha SELECCIÓN deles.