CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

COIDÁMO-LO XARDÍN     

Neste curso continuamos mellorando o noso xardín. Así, colocamos un borde de madeira en varias zonas para separar as plantas da herba e porque queda máis bonito. Logo botamos cortiza entre as plantas para evitar que medren as malas herbas.

 

No mes de marzo celebramos o Día da Árbore. Este ano realizamos unha plantación de camelios, rododendros, evónimos, romero, xeranios,...

Tamén deseñamos e comezamos a pintar un gran mural no patio sobre os bosques e a importancia da súa conservación.

CURSO 2003-2004

Durante toda a semana o alumnado debuxou e coloreou en papel de xornal diferentes tipos de árbores cos que se compuxo un mural representando o bosque. Ao redor do mesmo léronse poemas, refráns, lendas, textos... que os nenos inventaron ou recolleron, sobre a importancia das árbores. Rematamos a actividade cunha plantación no patio:varios rododendros, azaleas, un magnolio, evónimos, dúas abeleiras,... Puxémoslles uns valados de madeira para protexelas mentres son pequenas. 

 Agardamos que todas prendan e poidamos ter un xardín moi bonito.

¡Xa case está!

 

 

 

 

 

Traballando no xardín aprendemos a valora-lo noso contorno natural, a embelecelo e a adquirir hábitos de respecto e coidado do medio ambiente.

Só tratando ben á Natureza o mundo ten futuro.A primeira auga para a nova planta