CEIP DE
CEDEIRA
(REDONDELA) |
||||||||
| Principal | Datos do Colexio | Actividades | Experiencias | Investigación | Creacións | Comenius | O contorno | Novas |

No mes de marzo, co obxectivo de dar a coñece-las actividades que realizamos no Colexio, realizamos unhas Xornadas de Portas Abertas ás que están convidada-las familias do alumnado así como todas aquelas persoas alleas á Comunidade Educativa que o desexen visitar.
Nelas mostramo-las nosas instalacións exteriores e interiores, con especial referencia á Aula onde se escolariza o alumno/a; tamén vemos os Obradoiros, a Aula de Música, a Aula de Inglés, a Biblioteca e a Aula de Informática. Tamén facilitamos información escrita sobre as nosas liñas metodolóxicas, proxecto educativo, saídas pedagóxicas, actividades, organización, etc.