Curso actual: Actividades
Curso 2007-2008
Actividades curso 2007-2008
 
Saída para Guadalajara. PLAN DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

24-11-07

Capitaneados por Lourdes e Cuchi, saíron hoxe moi de mañá os nenos e nenas que participarán no programa de INMERSIÓN LINGÜÍSTICA en lingua inglesa organizado polo Ministerio de Educación e a Consellería de Educación. Parten ilusionadísimos xa que levan traballando dous meses e poñendo en danza a moitos profesores e profesoras do Colexio. Crearon un blog onde contan a súa experiencia (grazas a sabedoría informática de Cuchi), prepararon un vocabulario e unhas clases (teñen que presentar temas diferentes) relacionadas coa ecoloxía, carteis, fotos... Todo para encontrarse en Mohernando con 25 nenos e nenas de Ceuta. Nenos con costumes distintas, con falas diferentes... Unha experiencia de tolerancia inesquecible.

Pasádeo ben!!!

                                      

Anxo contounos un conto e recibimos a visita da Concelleira de Benestar social, Beatriz Sestayo

23-11-07

En breve publicaremos fotos dun día moi especial na vida do Colexio. A biblioteca acaba de recibir un lavado de cara a fondo e pensamos que sería interesante que a primeira actividade nesta nova etapa fora un contacontos baseado no tema da SOLIDARIEDADE. Anxo fixo as delicias dos nenos e nenas e 1º e 2º; non perderon nada da súa actuación.

Por certo, neste acto promovido pola Concellería de Benestar social, xuventude e solidaridade, estivo a súa responsable, Beatriz Sestayo. Estamos seguros de que o pasou tan ben coma os nenos e os profesores.

A Voz de Galicia, o Diario de Ferrol, Localia e Canal 31 cubriron esta noticia nos seus medios. O Colexio de Esteiro foi famoso por un día!!!

Circuito de Educación Vial, FENE

23-11-07

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria gozaron dunha mañá estupenda en Fene aprendendo a ser conductores responsables. Deste xeito, o Colexio de Esteiro acércase a este lugar por primeira vez e..., seguro que non será a última.

             

                                            

 

 
Os nenos e nenas de 5º e 6º visitaron o Muiño de Pedroso

07-11-07

                                             

Estivemos na radio e na universidade
Sara e máis Nacho estiveron na Universidade contando a súa experiencia da visita ao Campus que fixeron o curso pasado. Ela apuntou que lle gostaría ser fisioterapeuta e Nacho deixou claro que o seu era ser enxeñeiro de matemento! Contaron anécdotas e recibiron uns pequenos regalos da Universidade. Tamén estivo un fotógrafo da Voz de Galicia. Sairemos no  xornal?

 

Que pena, a foto saiu un pouco oscura!

E a noticia tamén apareceu na VOZ DE GALICIA.

Este é o recorte.

                         

 

 
Que ben o pasaron os nen@s de 4 e 5 anos!
En breve publicaremos o texto da excursión á Aula de Reciclaterra feito polos nen@s de 4 e 5 anos.
 
Reciclando
Con pequenos esforzos podemos facer un mundo máis limpo. Ahí vai un pequeno exemplo: Antón, de 4º de E. Primaria, encargouse de recoller pilas usadas e as trouxo ao Colexio para depositalas no contenedor adecuado. Noraboa, Antón!
 
Os nen@s de 5º e 6º visitamos Lugo
O outro día fumos a Lugo a visitar moitas cousas, por exemplo: as murallas, o Museo Provincial, a Catedral, etc.

Despois alonxámonos de Lugo un pouco para visitar o castro de Viladonga, onde hai 2000 anos vivían os celtas e os romanos. Alí déronnos unhas actividades moi divertidas. Trouxemos unha boa historia para contar.

 

 

 

Actividades curso 2006-2007
 
Día da Árbore
  • O Día da Árbore, o 29 de marzo, o noso conserxe, Antonio, plantou unha árbore nova e, como é moi mañoso, fixo un niño artificial para paxaros. Todos os nen@s de 5º de Primaria fixeron un poema e lérono. Marta, que é unha nena de Educación Infantil de 5 anos, trouxo un niño de palla que os paxaros estean máis quentiños. Todos os nen@s do Colexio bailamos unha canción que se chama “O Moucho Laroucho”.

Laura, 4º

Día da Paz
  • O Día da Paz non é so un día, é todos os días. A paz é ausencia de conflitos. Celébrase o 30 de xaneiro recordando a morte de Gandhi. A paz é acollida para todo o mundo; non se pode ter desprezo das persoas e tampouco se pode insultar á xente. Para que haxa paz non pode haber inxustiza, porque iso crea conflitos e violencia. Entón, temos que procurar un mundo máis xusto; que non morra ninguén de fame, nin por falta de medicinas.

  • No noso Colexio, celebramos o día da paz dun xeito moi especial: cantando a canción da Muralla e atando paxariñas de papel na nosa árbore da paz: a sobreira do patio. E isto é o que temos que facer: derrubar murallas que impiden que todo o mundo viva con dignidade.

     Alumnado de 5º

Día da Música
  • Un grupo de nenos e nenas do noso Colexio que están aprendendo a tocar algún instrumento musical, agasalláronnos coa interpretación de diferentes pezas; todas moi bonitas, por certo.

  • Uns van ao Conservatorio, outros á Escola da Vaca e outros a Musical 33.

  • Desde a máis pequena, Carmen, que tocou o órgano, ata os de 6º, Antía (violín), Xosé (trombón), Sara (trompa) e Sofía (trompeta); pasando por 1º, Alicia (órgano); 2º, Carla Maldonado (órgano); 3º, Diego (oboe); 4º, Laura (viola), Manuel Torrejón (cello), André (frauta), Antía (pandeireta), Marta Ibáñez (viola), todos o fixeron de marabilla.
  • ¡Que estupendo ter afeccións tan bonitas! GRAZAS por compartilas con nós.

                Alumnado de 5º

Día do Peón
  • A principio de curso, fixemos a Semana do Peón na que cada quen compraba o seu peón e adornábao coma a el máis lle gustaba. Nas clases de educación física e no recreo aprendemos a bailalo. No día do peón os alumnos e os profesores que sabían bailalo exhibían o que sabían.

Sofía e Verónica, 6º