| Curso actual: Efemérides |
| Curso 2007-2008 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
SEMANA DA PRENSA 10/14-03-08 Ao longo desta semana, os nenos e nenas do colexio tiveron a oportunidade de familiarizarse coa prensa española. O Centro mercou cada día dez xornais diferentes para poder realizar con eles traballos distintos. Desde os neos/as de 3 anos ata os de 6º, todos poideron ter nas súas mans La Vanguardia, El País, Cinco Días, Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, Marca... Se desexas coñecer as propostas feitas desde o equipo directivo ás distintas titorías, preme aquí.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
VIVA O ENTROIDO!!! 01-02-08 Aínda non saímos das festas do Nadal e aquí está o carnaval. Moito se traballou nestes días nas aulas preparando os disfraces. Os profesores non daban abasto. Que pena que teñamos un Salón de Actos tan pequeno; pais e nais tiñan que facer esforzos para entrar. Decidiuse que iamos traballar sobre as artes: música, pintura... E este foi o resultado.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traballos previos para o
DÍA DA PAZ Se desexas coñecer todos os traballos que van facer os nenos e nenas do colexio non tes máis que pinchar aquí.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Festival de Nadal 21-12-07 Por fin chego o Festival de Nadal. O Salón de Actos estaba cheiño de nenos e neas, de pais e de nais, dalgúns antigos alumnos, de máis du avó e avoa. Un exitazo. Bailamos, fixemos obras de teatro... Mirade algúns momentos desa mañá.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Día do Peón 16-11-07 Que ben o pasamos co peón!. Moitos nenos e nenas aprenderon a bailalo (o último día estabamos máis de 40). Algúns fixéronno tan marabillosamente que o Colexio deulles un Diploma de Mestres no manexo de peóns. O acto final consistiu en cancións, refráns, concurso para ver quen duraba máis, aprendimos un xogo novo e Marisé entregou os diplomas aos mestres. Aquí tedes algunhas fotos que se fixeron ese día.
ESTE FOI UN DOS CONTOS QUE SE LERON NO DÍA DO PEÓN A BUXAINA DO LONXANO OESTE Érase unha vez, no lonxano Oeste, unha buxaina chamada Honorata. Honorata era unha buxaina máxica: vestía camisa a cadros, pantalóns vaqueiros e o seu revólver disparachicles disparaba ¡chicles máxicos! PoR que eran máxicos os chicles? Pois porque deixaban ao inimigo apegado durante o tempo que tardase en volverse bo. Honorata tiña un problema grandísimo. Non sabía bailar. E…, que é unha buxaina que non baila? Un día, o vaqueiro máis salvaxe da cidade chegou a cabalo e dando latigazos por diante, por detrás, pola dereita e pola esquerda. A buxaina disparoulle un chicle máxico e díxolle que se lle ensinaba a bailar, faría desaparecer o efecto do chicle. Me dito, meu feito. O vaqueiro colleu a corda e fixo que honorata bailase como nunca. De alí en diante a buxaina e o vaqueiro participaron en todos os concursos de baile e… xa imaxinades quen gañou. E colorín, colorado, este pegañento conto está rematado.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
PROGRAMA DE TRABALLO PARA O DÍA DO PEÓN 16-11-07
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
FESTIVAL DO DÍA DO MAGOSTO-SAMAÍN 09-11-07 Ás 12:00 no Salón de Usos Múltiples
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
PROGRAMA DE TRABALLO PARA O DÍA DO MAGOSTO E DO SAMAÍN 09-11-07 TEMPO DO MAGOSTO E DO SAMAÍN DATAS: do 05-11-07 ao 09-11-07 TRABALLOS ESCOLARES
ACTOS E EXPOSICIÓNS
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Se desexas coñecer como van os resultados fai clic aquí |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||