Actividades

 

 

 

 

31 - 10 - 2.007

Clic para ampliar

Como todo-los anos chega a finais de outubro a celebración do Samaín.
Nesta época ambiéntase a entrada do colexio coa exposición de cabazas feitas pol@s nen@s: demos, bruxas, bechos, ... mesmo animais mitolóxicos están representados.
A actividade conxunta do Centro que se propuxo tivo como eixo o conto de "CORRE, CORRE CABACIÑA" de Eva Mejuto e André Letria. Deste xeito expúxose un mural representando as personaxes do conto, que a súa vez fixo de fondo para a exposición de cabazas e a biblioteca convertíuse na BIBLIOMONSTER que engulía @s nen@s e lles mostraba no seu interior os libros de medo que tiña gardados.
O día 31 de outubro pola tarde, xuntámonos todo o colexio no ximnasio para a celebración, @s maiores de sexto léronnos o conto mentres se reflectían as esceas na pantalla. O final de todo cantamos a canción " O SAMAÍN" (TUMBA, TUMBA ) que se adaptou do grupo musical MAMÁ CABRA.
E aquí tedes unhas fotos ...

Clic para ampliar

Clic para ampliar
Clic para ampliar
Clic para ampliar
Clic para ampliar
Clic para ampliar
Clic para ampliar
Clic para ampliar

12 - 09 - 2.007
BENVIDA - 2.007
¡XA ESTAMOS DE VOLTA! CHEGA UN NOVO CURSO, CON NOVAS ILUSIÓNS E RENOVADAS ENERXÍAS.

AO INICIAR ESTE CURSO 2007-2008 PROPOXEMOS DESDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA , UN MURAL RECOLLENDO TODAS AQUELAS ANÉCDOTAS OU FEITOS SIGNIFICATIVOS QUE LLES ACONTECERAN AOS NENOS DURANTE VERÁN RECÉN REMATADO.

O MURAL DO INICIO DO CURSO CENTROUSE NOS LIBROS DOS BOLECHAS. DESTE XEITO LEMBROUSE AS CAMISETAS QUE FINAIS DE CURSO PASADO SE LLES ENTREGOU AOS MÁIS CATIVOS COMO AGASALLO QUE ENVIARA A XUNTA DE GALICIA. A PARTIRES DA SILUETA DOS BOLECHAS QUE VIÑA IMPRESA NAS CAMISETAS, DEBÍAN DEBUXAR E ESCRIBIR O SEU RECORDO DO VERÁN.
O TÍTULO QUE SE PROPUXO PARA ESTE MURAL FOI “E TI, QUE FIXECHES NO VERÁN?”, TAMÉN IMITANDO A PREGUNTA QUE APARECÍA NAS CAMISETAS.

Clic para ampliar
Clic para ampliar
Clic para ampliar
Clic para ampliar

19 - 08 - 2.005
REVISTA "AQUELAR - 2.005"
Aínda que cun pouco de atraso, óigual que o ano pasado o Departamento de Normalización edita unha nova edición da revista do colexio elaborada polos rapaces cáseque na súa totalidade. Este ano "pesa" un pouco máis (algo máis de 10 Mb) polo que quizáis sería convinte que a descargaras primeiro ó teu disco duro situando o rato enriba do debuxo da dereita, pulsando o botón dereito e elixindo "Guardar destino como...". Está en formato PDF.

04 - 02 - 2005
ENTROIDO 2005
¿Queres ver algunhas fotos da nosa festa do Entroido? Clica nas miniaturas para amplia-las imaxes.

24 - 06 - 2.004
REVISTA "AQUELAR - 2.004"
Un ano máis o departamento de normalización edita unha nova edición da revista do colexio elaborada polos rapaces cáseque na súa totalidade. Este ano estrea edición electrónica. Podes descargala e lela clicando no debuxo da dereita (portada). Formato pdf.

31 - 10 - 2.003
SAMAÍN 2.003
Celebración da festa galega equivalente ó "halloween" inglés, con exposición de cabazas e outras actividades. Unhas imaxes valen máis ca 1.000 palabras. Pulsa nas miniaturas para amplia-las fotos:

as cabazas
o escenario
os espectadores

05 - 11 - 2.003
CONFECCIÓN DE PEGATINAS PARA O MAGOSTO 2.003

Como tódolos anos, tód@l@s alumn@s do Centro participarán no concurso para a realización do modelo que será impreso en formato pegatina e distribuido entre a Comunidade Educativa. Ánimo e todo o mundo a diseñar. No gráfico da dereita podemos ve-la gañadora do pasado ano.

07 - 11 - 2.003
VISITA A ARTES PARA VER UNHA EXPOSICIÓN DE CÓMICS

@s alumn@s de 5º e 6º desprazaranse á parroquia de Artes para contempla-la devandita exposición. Mostras do xenial debuxante Antonio Hernández Palacios e gravados da Tauromaquia de Francisco de Goya. En horario escolar.

 

12 - 11 - 2.003
A FESTA DO MAGOSTO

Se o tempo non o impide, ese día teremo-la tradicional festa da castaña no Centro, con diversas actividades e xogos ademáis da tradicional cata. Os pais están, coma sempre, invitados. Farase pola tarde.

 
24 - 11 - 2.003
FUNCIÓN DE TÍTERES EN SANTIAGO

@s alumn@s de 1º e 2º desprazaranse ata a capital de Galicia para asistir no Auditorio da devandita cidade a unha función de títeres. Que o disfrutedes.

 

05 - 03 - 2.004
EXCURSIÓN Ó CASTRO DE BAROÑA

Todo o persoal do 3º ciclo desprazarémonos a visita-lo castro de Baroña como actividade complementaria ós temas de historia de coñecemento do medio. Tamén temos concertada unha visita ó centro de interpretación do castro na vila de Porto do Son. Todo isto pola mañá; e se nos da tempo na volta pasaremos tamén polo dolmen de Axeitos. Esperemos que faga bo tempo ese día. ¡A ver o que aprendedes dos celtas!