|
A historia da aula deste Centro é
bastante recente. Empeza no 1º trimestre do curso 2.000/2.001 cando
eu cheguei aquí coma provisional. Con moita ilusión e poucos
medios comezamos a partir da nada, con 4 vellos aparellos (286, 386 e
486) e programiñas cativos baseados en MS-DOS (nada de Windows).
Hoxe en día contamos cunha
aula de informática bastante xeitosa, con 9 equipos bastante decentes
(pentium 4, pentium 3 e K6 2), sitema operativo Windows 98, aplicacións
para Windows, conexións en rede e Internet en tódolos equipos,
impresora en cor e escáner. Todo iso posible gracias a aportacións
da Xunta, da ANPA e do propio Centro. Isto en canto a infraestructuras.
En canto á organización,
levamos ó aula a grupos de rapaces desde 1º a 6º dependendo
d@ seu/úa titor/a (cada titor/a reserva hora e van só os
que queren) para traballar contidos de lingua, matemáticas ou coñecemento
principalmente.
Temos feito un índice cuns
breves resumos dos contidos e características das aplicacións
dispoñibles que pasamos a cada un dos titores para que vexan o
que hai dipoñible.
Agora que temos acceso a Internet
desde a aula, estamos pensando en aproveitar esa infraestructura para
realizar outro tipo de actidades coma poideran ser foros de debate, chat,
webs educativas, programas de intercambio de experiencias, etc. Se alguén
dos que está lendo isto ten algunha experiencia neste sentido,
rogámolle que nos escriba para informarnos dela e orientarnos un
pouco.
AGOSTO
DE 2005 -> INTRANET EDUCATIVA
Gracias á inestimable colaboración
de José Manuel Bouzán, do C.E.I.P. de Palmeira traballei
durante estos meses de verán para montar unha Intranet no noso
centro. Instalei o sistema operativo Linux nun ordenador da aula de informática
e configurei un servidor Apache II e un servidor Samba para poder dispoñer
de programas educativos en calquera ordenador conectado á nosa
rede local sen necesidade de instalalos en cada ordenador individualmente.
Consiste en crear un conxunto de páxinas web cunha serie de enlaces
ós programas educativos que previamente se instalaron no servidor.
Desta maneira é moi fácil o mantemento e a actualización
cando se dispón de novos programas, pois só hai que instalalos
no servidor, crear uns enlaces nas páxinas web e xa están
dispoñibles para todo o centro. Os demáis ordenadores da
aula funcionan como terminales tontos que só necesitan ter instalado
o sistema operativo e un navegador; desta forma simplifícase tamén
sobremaneira o mantemento dos mesmos. Aquí tedes unha imaxe da
páxina de inicio da intranet para facervos unha idea:

Se alguén está interesado
en crear unha para o seu centro, que me escriba e orientareille no que
boamente poida. Seguimos traballando pola modernización do ensino
en Galicia.
---------- * ----------
|