Descargas

 

Aquí trataremos de poñer calquera tipo de material didáctico producido por persoal do Centro que poidera ter un mínimo de interese para outros docentes que empregan o ordenador como ferramenta de traballo. Se tes algún problema co manexo ou instalación non dubides en escribirnos.

NOTA IMPORTANTE: Todos estos materiais foron elaborados por particulares e están na rede a través dun servidor da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (sostida con fondos públicos), polo que só poden ser descargados para uso persoal de docentes nas súas propias aulas. Queda totalmente prohibida a reproducción total ou parcial, presentación e posta a disposición do público destos materiais en Internet ou outros medios de difusión mediante calquera outra páxina web, servidor ou soporte alleos a este centro educativo.

A RAPOSA E AS SARDIÑAS
Pequeno conto interactivo en galego elaborado coa aplicación Ardora e dirixido a nenos do primeiro ciclo de ed. primaria. Se queres podes probar a xogar en liña desde a nosa sección de xogos. Unha vez lido e escoitado poden facerse unha serie de actividades de comprensión lectora. Terás que subir un pouco o volume dos altofalantes.Tamén é necesario ter instalado o plug-in de Java. Pulsa na resolución do teu ordenador para elixir a versión apropiada:

Esta: 800 x 600 ou estoutra: 1024 x 768

UNIDADES DIDÁCTICAS
No curso 03-04, o noso Claustro traballou moi duro nun proxecto de formación en centros para elaborar unha serie de unidades didácticas que traballan diversos aspectos do currículo en educación infantil, primeiro, segundo e terceiro ciclos. Agora tede-la posibilidade de descargalas para usalas cos vosos rapaces.

OS ANIMAIS INVERTEBRADOS
Unha aplicación para Clic 3.0 que consta de máis de 20 actividades para traballa-lo mundo dos animais invertebrados; clasificación, características, ... Dirixida ó terceiro ciclo da educación primaria. Pode descargarse en 2 idiomas: galego ou español. Fai clic aquí embaixo para descarga-la versión que desexes:

SEPARAR PALABRAS
¿Que mestre do primeiro ou segundo ciclos non tivo algunha vez un/ha rapaz@ que escribira cousas coma "voy ala farmacia" ou "esa es micasa"? Aquí tedes un feixe de 30 fichas que tratan de paliar este problema para rapaces/zas que xa saben ler. Para máis detalles le-lo arquivo "leeme.txt" incluído no "zip". Idioma: español. Formato: pdf. Preme nos iconos para ve-los exemplos.

Exemplo 1 -> Exemplo 2 -> Exemplo 3 ->

ENSINAR A DIVIDIR POR 2 CIFRAS
¡Uf! ¡Menudo chollo ter que ensinar @s alumn@s a dividir con 2 cifras no cociente! Hoxe en día, calquera mestre que teña 2 dedos de fronte non pode segui-los pasos e exercicios que propoñen os libros de texto (un 0 ás editoriais). Aquí podedes descargar un pequeno método marca da casa que a min doume bos resultados.

Exemplo 1 -> Exemplo 2 ->

 

Esta é a fonte coa que millóns de nenos aprendemos a ler. A versión que se presenta aquí é feita na casa pero bastante xeitosa. Fáltanlle algúns caracteres pero ten o imprescindible: letras, números, acentos, ... . Ademáis é unha fonte True Type que se pode usar en calquera aplicación Windows.


SESIÓNS E ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN FÍSICA
Desde o primeiro ciclo ata o terceiro. Ducias de sesións e moreas de xogos para aplicar nas clases de educación física en primaria entre outras cousas. Español. Preme nos iconos para ve-los exemplos.

Exemplo 1 -> Exemplo 2 -> Exemplo 3 ->

EXPERIENCIAS DE LABORATORIO
Unha serie de experiencias sinxelas para Coñecemento do Medio ou 1º ciclo da ESO a realizar en laboratorio ou exteriores cuns materiais mínimos e fáciles de conseguir. Galego. Preme nos iconos para ve-los exemplos.

Exemplo 1 -> Exemplo 2 -> Exemplo 3 ->

FICHAS DE LECTOESCRITURA
É ben sabido por tódolos mestres en activo que hoxe en día os textos veñen moi pouco completos e @s nen@s necesitan machacar máis cada fonema, cada grafía, cada caracter. Pois ben, aquí tedes unha completa colección de máis de 300 fichas para o aprendizaxe da lectoescritura en galego e outras tantas en español. Preme nos iconos para ve-los exemplos.

Exemplo 1 -> Exemplo 2 -> Exemplo 3 ->

MATEMÁTICAS 2º CICLO
Unha series de fichas de traballo para aplicar no área de matemáticas no 2º ciclo de primaria. Contidos: capacidade, división, lonxitude, multiplicación e tempo. En galego e en español. Preme nos iconos para ve-los exemplos.

Exemplo 1 -> Exemplo 2 -> Exemplo 3 ->

ORTOGRAFÍA
Outro feixe de 69 fichas para traballa-la ortografía de todo tipo de palabras e frases para primaria. A maioría en español pero tamén hai algo de galego. Actualizarase. Preme nos iconos para ve-los exemplos.

Exemplo 1 -> Exemplo 2 -> Exemplo 3 ->

FICHAS DE TRAZO
Un conxunto de 38 fichas de traballo para que os rapaces aprendan a trazar cada unha das letras do abecedario correctamente. Preme nos iconos para ve-los exemplos.

Exemplo 1 -> Exemplo 2 ->

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS
¿Quen dixo que as matemáticas eran sosas e aburridas? Aquí tendes un completo feixe de sesións para todo o curso de actividades para un obradoiro de matemáticas deseñadas inicialmente para o 1º ciclo da ESO . Trátase dunha serie de exercicicos de lóxica, razoamento, manipulativos, ... que achegarán os contidos matemáticos @s rapaces/zas dun xeito lúdico e entretido. Máis de 60 sesións. En galego. Preme nos iconos para ve-los exemplos.

Exemplo 1 -> Exemplo 2 -> Exemplo 3 ->

A ESTRELIÑA DO NADAL
Unha pequena aplicación para clic que consta na presentación dun conto de nadal con imaxes e sons que gustará moito ós máis pequenos. En galego. Dirixido a Ed. Infantil e ¿1º ciclo?