No curso 2012-13, no marco dos Plans Proxecta, da Consellería de Educación, iniciamos un novo proxecto de actuacións para a acción da A21EG no colexio.

O título é "Coidamos o entorno desde a escola"

A través de determinadas accións postas en marcha desde o centro se intenta avanzar na comunidade escolar de cara a fomentar unha filosofía da sostibilidade no entorno. Estas accións están dirixidas a: aforro de auga e enerxía eléctrica, transporte compartido, a horta escolar un espazo de sostibilidade, as tres RRR no CEIP de Lourido.

Acción nº 1: Aforro de auga e enerxía eléctrica. Se observa que, contrariamente ó que sucedía antes, ningunha das aulas queda coas luces acendidas cando rematan as actividades docentes ou se sae ó recreo. Hai un encargado por aula que se compromete a comprobar e apagar, de ser o caso, as luces. En canto ó gasto de auga, ademáis de ter os carteis que recordan o aforro de auga, temos todas as billas con pulsador de presión, polo que elas mesmas cortan o fluxo de auga. Ver fotos de esta acción.
Acción nº 2: transporte compartido. Este é unha acción que continúa desde o curso pasado. En moitas das comunicacións que o centro envía ás familias temos posto o logotipo desta campaña. Seguimos insistindo nas vantaxas que ten o feito de compartir coche para achegar ó alumnado ó centro: sociais (menos atascos de coches na zoa do colexio, non se atrancan entradas e saídas dos veciños, se fomenta entre o alumnado o feito de compartir ...); económicas (aforro de combustible, e polo tanto, cartos xa que un só coche pode transportar a catro alumnos/as ó colexio); medioambientais (menos coches circulando supón menos contaminación ambiental). Ver fotos desta acción.
Acción nº 3: "A horta escolar, un espazo de sostibilidade". Plantexamos esta acción porque ó descoñecemento da sociedade actual dos procesos de produción, por parte dos consumidores, nos están levando a valorar os produtos agrícolas non coma alimento, senón polo precio, cor, tamaño, etc; en definitiva á desaparición dunha cultura agrícola. Por outra banda a introdución de criterios unicamente económicos no campo, transformou a agricultura tradicional en agricultura intensiva, abusando do uso de fertilizantes, fitosanitarios de síntese química, abuso de auga para a rega, plásticos para o cultivo en invernadoiros, etc.
Pola contra, con esta acción queremos fomentar e salientar a agricultura ecolóxica, orientada hacia o progreso sostible. A nosa horta é o punto de saída da nosa filosofía de educación ambiental na escola. A horta escolar tivo neste ano un gran pulo; a horta se deseñou con tres zoas de plantación: produtos de horta, plantas ornamentais e plantas aromáticas. Todo o alumnado do centro forma parte deste proxecto, cun calendario de actuacións por aula, dependendo do momento do curso: así, realizáronse labores de limpeza da horta, de mantemento da mesma, de plantación, de rega e de recollida dos produtos que son repartidos entre o alumnado para que o consuma nas súas casas. Ver fotos desta acción.
Acción nº 4: As tres RRR co CEIP de Lourido. Control de residuos. Esta acción pretende dar continuidade ás actuacións realizadas anteriormente no tema de control de residuos no centro. A través das dúas illas de reciclaxe establecidas nos dous andares do colexio, se trata de fomentar no alumnado a cultura da reutilización de materiais, a recollida selectiva de lixo, o traslado ó punto limpo exterior e o control das illas de reciclaxe e do estado do patio exterior despois do recreo (utilización correcta dos contedores). Temos unha "ecopanda", constituída por alumnado do terceiro ciclo, que controla estes aspectos do proxecto, cumplimenta unhas fichas de control de estado e realiza labores de asesoramento ó alumnado máis cativo sobre utilización dos contedores e recollida selectiva. Publicáronse folletos sobre o tema que se remitiron ós domicilios.  Ver fotos desta acción.

No marco dos Plans Proxecta e co título "Coidamos o entorno desde a escolar. A A21EG no CEIP de Lourido", para o curso 2013-2014, temos preparada unha actuación sobre a HORTA ESCOLAR, potenciando as actividades da mesma e dando maior protagonismo a todo o alumnado do centro. Non esquecemos tampouco outros obxectivos coma: a RECICLAXE, o TRANSPORTE COMPARTIDO e o AFORRO DE AUGA, PAPEL e ELECTRICIDADE.

En colaboración co Proxecto Voz Natura e o Plan de Biblioteca, estamos a traballar no tema "A nosa praia, o noso entorno": toda a comunidade educativa docentro ten unha relación directa, en maior ou menor medida, coa Praia de Lourido.
     Para todos, é o lugar de esparcemento número un da zoa (o paseo, a praia, o entorno natural); para outros é, ademáis do anterior, o medio de vida familiar, xa que se adican ó marisqueo na praia. Por estas razóns, este proxecto incide directamente nas nosas vidas e o “efecto concienciación” que pretendemos conseguir esta casi garantido.
     Protexer noso litoral. Esta é a máxima do noso proxecto, que busca preservar a costa e chamar á limpeza masiva da mesma.
     Pensamos que con este proxecto temos unha doble oportunidade: por unha parte levar a cabo unha acción no terreo, e, por outra parte, transmitir unha mensaxe comprometida, ecolóxica e responsable ós poderes públicos e ás industrias. Os obxectivos da actuación na praia son, principalmente: educar cada vez máis á comunidade sobre a protección do litoral, do mar e fomentar a práctica ecolóxica cidadá,  así como estudiar de maneira cualitativa e cuantitativa o impacto dos desfeitos sobre as costas.
É, en definitiva, unha operación de sensibilización ecolóxica, que vai máis alá da limpeza da praia. Pretendemos tamén  animar ós participantes a cuestionarse sobre os hábitos de consumo e a utilización excesiva de envases. O que importa non é a recollida, senón producir menos.

Dado que o tempo deste inverno non nos axudou a realizar un traballo de campo máis intenso no coidado da praia, decidimos traer o mar ó colexio e traballar este tema convertindo o noso colexio nun mar: de dúbidas, de investigación, de lectura, de poesía, etc.

Comenzamos no mes de novembro cunha actividade de animación: "apareceu no colexio unha mensaxe nunha botella". Está cifrado, ten debuxos, non ten letras. Na biblioteca aparece un código para poder descifralo. Poñémonos a elo e descubrimos que imos traballar o tema de o mar (e a nosa praia).

A partires de aqui, a actividade do colexio neste tema converteuse no centro de todo o traballo desenvolvido durante todo o curso. Presentamos aqui unha serie de videos sobre as diferentes accións realizadas.

O alumnado do 1º ciclo realizou un traballo moi interesante sobra a auga. Podedes velo premendo AQUI.

O alumnado do terceiro ciclo estivo realizando un traballo de investigación sobre o mar en dúas vertentes:

  1. Realizando un seguemento continuo de todas as novas que ían xurdindo sobre o proxecto.
  2. Facendo un traballo de investigación nos xornais sobre aquelas noticias que tiñan relación co mar coma traballo, coma ocio e coma temática medioambietal.

Premendo AQUI poderedes ver un video sobre esta actividade.

En canto á HORTA ESCOLAR; este ano refixemos de novo a horta; deseñandoa de forma que todo o alumnado poda aceder á zona de cultivo con facilidade xa que existen unas zonas de paso polas que chegar ó mesma.

Durante este terceiro trimestre (cando o tempo nolo permitiu), montamos o novo horto e prantamos diversas especies de cultivos de horta, ornamentais e medicinais.

Desde eiqui podemos ver as actuacións que realizamos na nosa horta escolar.