Comunidade escolar
Principal Arriba Sinais de identidade Comunidade escolar

 

 

CEIP SOBRADA
Comunidade escolar















 

 

ORGANOS DE GOBERNO

  • COLEXIADOS

    • CLAUSTRO: consta de vinteún profesores-as adscritos ós seguintes postos de traballo en funcionamento:

      • 2 profesoras en Educación Infantil

      • 13 profesores/as en E. Primaria

      • 2 profesores en L. Inglesa

      • 1 profesora en E. Musical

      • 2 profesores en E. Física

      • 1 orientadora

      • 1 profesora de apoio especialista en P. Terapéutica.

      • 1 profesora de apoio especialista en A.L.

      • 1 profesora de relixión católica.

    • CONSELLO ESCOLAR: Despois da última renovación parcial, a composición do Consello Escolar do noso Centro, determinada no número de representantes por sector polo número de unidades do mesmo, é a seguinte:

      • A Directora

      • A Xefa de Estudios

      • A Secretaria con voz e sen voto.

      • O representante do Concello

      • A Presidenta da A.N.P.A

      • Membros electivos:

      • Cinco representantes do profesorado

      • Catro representantes dos pais e nais de alumnos-as.

No seo do Consello Escolar funcionan dúas comisións: comisión económica, comisión de convivencia.

  • UNIPERSOAIS: EQUIPO DIRECTIVO

    Composición:

    • Directora

    • Xefa de Estudios

    • Secretaria (para coñecer os horarios de atención ó público, consultar a páxina comunícate con nós)

ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE

  • COMISIÓN PEDAGÓXICA:

A Comisión Pedagóxica do centro está formada pola Directora, a Xefa de Estudios, a profesora de apoio (P.T.), os coordinadores dos distintos ciclos e a coordinadora do Equipo de Normalización Lingüistica.

  • EQUIPOS DE CICLO

    • Equipo de Infantil: integrado polas profesoras de Edc. Infantil,a profesora de A.L. e a profesora e relixión.

    • Equipo do Primeiro Ciclo:formado polos títores do  ciclo e o profesor de  Anticipación a Lingua Inglesa.

    • Equipo do Segundo Ciclo:formado polas titores do  ciclo, a profesora de E. Física.

    • Equipo do Terceiro Ciclo:formado polos titores do ciclo, a profesora de inglés,a profesora de P.T. e a profesora de Educ. Músical.

     

  • EQUIPOS  DE DINAMIZACIÓN

    • O Equipo de Normalización Lingüística está formado por dous titores,a profesora de relixión e a profesora de Educ. musical  como coordinadora.

    • Equipo de actividades complementarias e extraescolares está formado por catro titores e a profesora de P.T.

    • Equipo de dinamización da biblioteca  está formado por catro titoras e a profesora de A.L.

    • Equipo de dinamización das Tics está formado por tres titores, a profesora de E.F. e o profesor de A.Lingua inglesa.

OUTROS EQUIPOS

En diversas ocasións ó longo do curso fórmanse equipos ad hoc con profesores/as como é o caso do deseño e programación de determinados proxectos de innovación ou da participación e dinámica de traballo dentro dos PFCS.

SERVICIOS

Só contamos con servicio de transporte escolar, que se realiza a través dúas rutas :  

  • Carregal (Amorín) - Sobrada 
  • Piñeiro - Sobrada

ALUMNADO

Escolarizamos a 197 alumnos e alumnas agrupados tal e como se reflicte no seguinte cadro:

E. INFANTIL E. PRIMARIA
EI-1 EI-2 1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO
3/4/5 anos 3/4/5 anos 1º nivel 2º nivel 3º nivel 4º nivel 5º nivel 6º nivel
grupo A grupo B grupo A grupoB grupoA grupo B grupo A grupo B grupo A grupo A
6+6+6 5+7+6 13 13 14 15 14 13 15 17 22 25
18 18 26 29 27 32  
36 53 59 47
Total alumna/os do centro:     197

  

ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE ESCOLAR

Contamos cunha Asociación de Pais e Nais de Alumnos e Alumnas da que forman parte o 75% das familias censadas.