|
CEIP SOBRADA |
|
|
CEIP DE SOBRADA O CEIP
Sobrada é un centro de titularidade pública e como tal unha escola para
todos os alumnos e alumnas, aberta á participación de todos os
estamentos e persoas que compoñen a comunidade educativa. O PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO En concreto, a proposta integral para
dirixir e orientar coherentemente os procesos de intervención educativa que se
desenvolve no noso Centro está recollida no Proxecto Educativo de
Centro
“EDUCAR EN VALORES” O PEC é o instrumento que define os nosos sinais
de identidade, formula os obxectivos que pretendemos
e expresa a estructura
organizativa da nosa institución, de forma coherente co contexto
escolar no que estamos mergullados. O PROXECTO CURRICULAR DE CENTRO É, pois, a referencia, en continua revisión e mellora, na que
encontramos a razón e a
xustificación das decisións que continuamente debemos tomar, recollidas no PCC
(Proxecto Curricular de Centro). AS PROGRAMACIÓNS ANUAIS Así mesmo, do PEC emanan distintos planos específicos, propostas que se desenvolven nun tempo limitado, que se van recollendo e especificando nas Programacións Xerais Anuais de cada curso. |