CEIP SOBRADA
Sinais de identidade















 

Principios pedagóxicos Liña metodolóxica Dimensións educables

Definición Institucional

  • CONFESIONALIDADE

A  nosa Escola é e quere ser ideoloxicamente pluralista, en especial nas súas vertentes política e relixiosa. Esto implica respecto cara a todas as ideoloxías e crencias e intentar dar ós nenos e nenas as informacións o máis obxectivas posible para que progresivamente  formen  os seus propios criterios e analizando a realidade, poidan  tomar decisións responsables. Os pais e nais  poden e  deben axudar ós seus fillos neste proceso, sobre todo a partir da súa propia vida e do diálogo con eles. Intentamos así levar a cabo a sentencia do TRIBUNAL CONSTITUCIONAL do 13/02/81 cando sinala que é "La única actitud compatible con el respeto a la libertad de las familias que, por decisión libre o forzadas por las circunstancias, no han elegido para sus hijos centros docentes con una orientación determinada y explícita". (S.T.C.81,11-9).

  • PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS

    A nosa Escola será:

    • TOLERANTE: A educación e a convivencia desenvolveranse nun marco de tolerancia e respecto á libertade de cada quen, á súa personalidade e conviccións, que non poderán ser perturbadas por ningún tipo de coacción nin pola obriga de asumir ideoloxías ou crencias determinadas.

    • PLURALISTA: Na medida en que non deberá excluir a ninguén por causa da súa procedencia, relixión, ideoloxía ou nivel económico e tamén deberá capacitar ós alumnos/as, sen imposicións nin adoctrinamentos, para vivir nunha sociedade, da que a escola forma parte, que é plural e onde se deben respectar ós demáis.

    • DEMOCRÁTICA: Considerando polo menos dous aspectos: O dos valores educativos a transmitir e o da xestión do Centro. A escola debe transmitir ó seu alumnado os valores básicos dunha sociedade democrática (o respecto cara ós demais e cara a un mesmo, sentido da liberdade ligado ó da responsabilidade, a solidariedade, o gusto polo traballo ben feito, etc...) e convidalos a participar na mellora desa sociedade.

     

  •  LINGUA DE APRRENDIZAXE

O uso da propia lingua é un dereito recoñecido a todos os membros da Comunidade Escolar. Con obxecto de contribuir á normalización lingüística do galego, como língua propia do país, procurarase que ésta sexa cada vez máis a língua ambiental, curricular e de ensino no ámbito escolar. En todo caso deberá garantirse que ó finalizar a escolaridade os alumnos-as teñan un correcto dominio oral e escrito das dúas linguas oficiais.

  • Fundamentación:Tendo en conta que somos unha Comunidade bilingüe pretendemos, polas súas enormes vantaxes no terreo da comunicación e tamén no do desenvolvemento cognitivo, formar nenos e nenas capaces de dominar as  dúas línguas que se falan na nosa terra.

     Fomentar a aprendizaxe temperá das dúas linguas:

    • Crea actitudes de respecto e conservación das mesmas.

    • Posibilita unha maior flexibilidade para aprender, con posterioridade, unha terceira ou cuarta lingua.

    • Favorece o desenvolvemento intelectual, xa que cando aprende as dúas linguas, debe facer un esforzo suplementario, sen que de ningunha maneira se desborden as súas capacidades mentais.

     

  • Proceso a seguir:
    • Programa de inmersión: Discriminación positiva a favor da lingua minorizada, xa que se temos un amplo e consciente desexo de conseguir unha sociedade bilingüe, debémoslle dar prioridade a aquela lingua que ten máis posiblilidades de ser descoidada.

    • Consecuencias: Os que teñen como lingua primeira a lingua minorizada incorporarán a prestixiada como lingua segunda. Os que teñen esta lingua como primeira non a perden, pero coñecen tamén a minorizada como lingua segunda.