|
Ceip Eusebio da Guarda |
|
Benvida Profesores Alumnos A.M.P.A. Libros de texto Actividades Complementarias Actividades Extraescolares Biblioteca Comedor Horarios Galería de fotos
Dende a nosa primeira páxina web queremos saudarvos á vez que darnos a coñecer e mostrarvos unhas pinceladas da historia deste Colexio que en 1998 cumpriu o seu primeiro centenario. As Escuelas da Guarda foron mandadas construir a finais do século XIX por expreso desexo do filántropo D. Eusebio da Guarda coa obriga de destinalas sempre á instrucción pública de primeira ensinanza. Sen embargo, os avatares da Historia fixeron cambia-lo seu destino. Cen anos dan moito de si. En 1937 deixan de funcionar como Centro de Ensinanza, converténdose durante vinte anos en Fábrica de Armas. Profesores e alumnos abandonan o Grupo Escolar e son distribuídos en locais por diversas zonas da cidade. En 1961, e despois das necesarias obras de reconversión do edificio, este se recupera novamente para desempeña-la súa misión educativa inicial, e a partires desta década dos sesenta funciona a pleno rendemento ata hoxe en día. Na actualidade, todos nós sentimos certo orgullo ó formar parte do C.E.I.P. Eusebio da Guarda pola influencia especial que este Colexio tivo e segue a ter na vida e historia da cidade de A Coruña. Servan estas liñas para expresa-lo noso agradecemento ós profesores que pasaron polas aulas do noso Colexio e que contribuíron á formación, dende hai máis de cen anos, de miles de alumnos. A todos eles, mestres, alumnos, pais e personal non docente, queremos testemuña-la nosa consideración e afecto. Todos xuntos construímos, ano tras ano, a historia do noso Colexio. Benvida Profesores Alumnos A.M.P.A. Libros de texto Actividades Complementarias Actividades Extraescolares Biblioteca Comedor Horarios Galería de fotos |