Ceip Eusebio da Guarda

Benvida Profesores Alumnos A.M.P.A. Libros de texto Actividades Complementarias

Actividades Extraescolares Biblioteca Comedor Horarios Galería de fotos

        

          A antigüidade do Centro e o feito de que dende a súa fundación recibira fondos bibliográficos proporciónanlle unhas características singulares.

          Poderíamos dicir que estamos ante un dous nun. Dunha banda está a parte moderna, dotada dun número importante de exemplares de literatura infantil, adaptada a idade do alumnado actual do Centro, incrementándose anualmente estes fondos. Os alumnos poden acceder facilmente ós libros, posto que os distintos niveis de lectura están clasificados con teixiños de diferentes cores, existindo un plano orientativo para interpretar os mesmos.

 

          A parte máis curiosa da biblioteca son os fondos que veñen da fundación do colexio e dos primeiros tempos do seu funcionamento. Entre eles podemos encontrar manuais educativos que hoxe chámannos a atención, sobre todo algúns libros de lectura dos coñecidos como "manuscritos", presentados en letra cursiva de distintos tipos, e con contido de carácter moralizante. Tamén hai clásicos pouco coñecidos, traduccións de contos clásicos infantís que diferen bastante das versións que nos coñecemos, e que nos levan a pensar que non se escribiron para nenos. Atopamos aquí primeiras edicións ou edicións curiosas de algunhas obras. Cabe indicar  que, pola existencia de determiñados libros, temos constancia de que nos seus primeiros momentos o colexio implicábase no sistema educativo europeo.

          A biblioteca posee, ademáis, enciclopedias e diccionarios que permiten ós alumnos dos niveis superiores  e ós profesores consultar as súas dúbidas.

          O alumnado pode utilizar a biblioteca fora do horario lectivo de martes a venres, en horario de 4 a 5 do serán, supervisados por dous profesores do Centro. Con independencia desto, os titores acuden coas súas clases, como unha actividade mais do curriculum, en quendas establecidas. Existe, ademáis, servicio de préstamo.   

 

Benvida Profesores Alumnos A.M.P.A. Libros de texto Actividades Complementarias

Actividades Extraescolares Biblioteca Comedor Horarios Galería de fotos