DEUSES ARBORES E BOSQUES

PREGUNTAS

 
 

 

1. Os antigos bosques de Galicia (antes de que se producira a invasión dos eucaliptos) estaban plagados de carballos, árbores sagradas por excelencia. Pero, polo intre, deixaremos o carballo para outra ocasión. 

Existe outra árbore sagrada, símbolo da nosa cidade, que chegou de lonxanas terras: a oliveira.

Vimos de celebrar o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, e como todos os anos, a oliveira ten formado parte dos nosos debuxos para festexar ese día. Pero... sabes por que a oliveira é considerada a árbore da Paz? Para coñecelo, le na páxina de Recursos o texto titulado "A oliveira: a árbore da Paz".   

2. No texto anterior fálase da desputa entre dous deuses da mitoloxía grega: Atenea e Poseidón. Investiga sobre eles nestes enlaces:

3. Descubre o emprazamento onde tivo lugar a disputa entre Atenea e Poseidón. Fíxate ben, porque atoparás un lugar sagrado adicado á oliveira.

 

4. Hai máis de 2.000 anos, no Bosque de Lugh, existía un poboado que César Augusto convertiu en cidade amurallada.

Le na páxina de Recursos o texto titulado "O bosque de Lugh" e descubre quen era Lugh.

5. Despois de todo o que levas lido, onde te parece que estará situado o Bosque de Lugh do que se fala na actividade anterior?  

6. Coñece quen eran os druídas e a consideración que tiña a oliveira para eles. Para iso, emprega o texto titulado "Os druídas" na páxina de Recursos. 

 

 



 
Webquest elaborada por Monica Munoz Sobrino con