DEUSES ARBORES E BOSQUES

A GRAN PREGUNTA

 
 

 

Despois de recabar toda a información precedente, deberedes facer dous traballos: 

1. Recolle nunha ficha (tes un modelo na páxina de Recursos) a seguinte información sobre as tres divinidades (Atenea, Poseidón e Lugh) relacionadas coa oliveira:

  • unha imaxe na que se represente a cada unha delas; 
  • o nome de cada unha delas;
  • o ciclo mitolóxico ó que pertence cada unha (mitoloxía grega, romana, celta...);
  • a súa representación iconográfica (atributos ou obxectos que as definen ou acompañan);
  • aspectos da vida ou do mundo sobre os que incide cada unha delas;
  • a árbore coa que se relacionan.

Esta información debes gardala, para recuperala nun traballo final que xa vos iremos propoñendo.

2. Entre os compañeiros da clase debedes establecer un diálogo para descubrir as semellanzas e diferenzas entre estes tres deuses.

Coas conclusións ás que cheguedes debedes, entre toda a aula, redactar un documento que enviaredes á seguinte dirección:

friancinhojones@gmail.com

 

 



 
Webquest elaborada por Monica Munoz Sobrino con