|
O
noso centro pertence a rede de centros do ensino público da nosa comunidade.
Concebimos a educación como un servicio á sociedade e queremos que sexa unha
escola aberta ás demandas sociais e culturais do barrio e do seu contorno.
 |
Modelo Lingüístico de
aprendizaxe. |
Dadas as caraterísticas lingüísticas dos nenos que acceden ó centro , na
etapa de Educación Infantil o ensino desenvolverase maioritariamente en
lingua castelá introducindo paulatina e progresivamentes o galego de forma
oral. No primeiro ciclo de Educación Primaria introduciranse en galego as
áreas de Coñecemento do Medio, Educación Musical e Educación Física. No
segundo e terceiro ciclos impartirase en galego Coñecemento do medio,
Educación Musical, Educación Física e Artística.
Con obxecto de contribuir á normalización lingüística do galego procurarase
que esta sexa cada vez máis a lingua ambiental, e da ensinanza no ámbito
escolar.
Ao finalizar a escolaridade os alumnos terán un correcto dominio oral e
escrito das dúas linguas oficiais: galego e castelán.
 |
Formación integral. |
Os alumnos recibirán unha educación integral, adquisición de coñecementos,
habilidades e desenvolvemento das capacidades que o preparen para o futuro
; xunto a unha educación en valores como a dignidade da persoa, a liberdade,
a igualdade de todos, o respecto e a tolerancia, os dereitos humanos e o
respecto polo mundo en que vivimos.
 |
Respecto
pola diversidade. |
Atenderase
á diversidade do alumnado, tratando de adecuar os procesos de ensinanza-aprendizaxe
ás necesidades individuais.
Fomentarase a interculturalidade. Potenciarase a creación de actitudes
positivas de convivencia nun marco de respecto ós demais.
Educarase nos principios de paz, cooperación e solidaridade para construir
unha sociedade que viva en armonía.
 |
Respecto
polo medio ambiente. |
Inculcarase
ós alumnos o respecto e coidado da natureza, empezando polo noso entorno
máis cercano.
 |
Traballo
en colaboración do profesorado. |
Fomentarase
o traballo en equipo do profesorado , procurando que todas as actividades
estean coordinadas e que a toma de decisións sexa en equipo.
 |
Liña metodolóxica.
|
No centro seguiremos unha ensinanza activa e participativa que conduza ós
alumnos a unha auténtica aprendizaxe significativa, de maneira que toda
actividade parte do coñecemento previo do alumno para chegar, a través da
investigación a novos coñecementos que lle axuden a defenderse no medio.
A
actuación educativa fomentará a reflexión, o sentido crítico, o interés polo
saber e o esforzo persoal.
O
profesorado manterá unha actitude aberta ás innovacións (tecnoloxías) e ós
cambios que parten dos distintos ámbitos da sociedade.
 |
Participación e colaboración de toda a Comunidade Educativa. |
Entendemos que o proceso educativo basease na colaboración entre a familia
e os mestres, polo que debemos manter unha estreita e permanente
colaboración para alcanzar os obxectivos propostos.
O centro potenciará procesos de participación e colaboración dos diversos
membros da comunidade educativa e institucións do entorno
 |
Modelo de xestión. |
Con independencia do establecido na normativa vixente, a xestión do centro
basearase no principio de participación democrática, propiciando a
colaboración, a aportación de iniciativas e propostas, e repartindo
responsabilidades entre os membros da comunidade educativa.
O
goberno e xestión do centro serán transparentes e estarán abertos á
participación do Consello Escolar, Claustro de Profesores e outras
institucións.
|