CEIP GRAXAL

PRINCIPAL
O NOSO COLEXIO
OFERTA EDUCATIVA
SECRETARÍA
ORIENTACIÓN
ACTIVIDADES
SERVIZOS
ANPA
ALBUM FOTOS

O NOSO COLEXIO

 

   O noso centro atópase situado no concello de Cambre, na parroquia de O Temple, a única parroquia costeira do concello , xa que está ubicada a carón da Ría do Burgo. Está encadrado, polo tanto, na área metropolitana da cidade de A Coruña. Está comunicada coa cidade( a 8 km.) por unha autoestrada e unha estrada nacional. É obvio que esta circunstancia condiciona en gran medida a súa densidade de poboación - a máis elevada do concello-, a idade media da mesma - ó redor dos 36 anos- e as características socio-económicas da mesma - clase media e  cada vez cunha  maior porcentaxe de poboación inmigrante-.

  Para máis información, pode visitar a páxina web do concello de Cambre : http://www.cambre.org/

 

                       A ría do Burgo co barrio do Graxal ó fondo                                    A ponte romana na Ría                                       

                     Paseo marítimo do Graxal                          O "paraugas", rotonda moi coñecida no entorno metropolitán

          Parque infantil moi próximo ó colexio                     Parque"Ramón Barba", tamén moi próximo ó colexio

Inicio páxina