|
PROXECTO DO
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CURSO 2008 – 2009
C.E.I.P. DO GRAXAL II
CAMBRE
ANÁLISE
SOCIOLINGÜÍSTICA DO ENTORNO
O
contorno sociolingüístico no que está inmerso o noso centro é
maioritariamente castelán falante, prácticamente en tódolos ámbitos,
pois hai que ter en conta o elevado número de inmmigrantes, sobretodo
latinoamericanos, que poboan o noso entorno. Reseñar que o galego úsao
máis que nada a xente maior é algunha mocidade. As idades comprendidas
entre os 30 e os 50 anos son os máis reacios, aínda que o entendan e o
lean perfectamente.
A análise sociolingüística realizada neste curso está baseada no
estudio pormenorizado de varias enquisas levadas a cabo durante o curso
2006-2007 e actualizada no presente curso entre os pais ,nais e mestres
dos nosos alumnos, como apoio no cumplimento do Proxecto Educativo do
centro. Dacordo con estas premisas hai que ter en conta que moitos datos
poden estar falseados, e de feito algúns deles non concordan co que logo
se ve nas aulas.
Ese curso están matriculados
301 alumnos, dos que a maioría entregaron a enquisa: 235 familias ( 112
de EI, 47 de 1º ciclo de EP, 38 de 2º ciclo e 38 de 3º ciclo).
Os
resultados extraídos son os seguintes, tendo en conta que a maioría dos
pais/ nais (80%), están nunha idade comprendida entre os 30 e os 40 anos
e que aprenderon a falar en castelán máis dun 50% ; a lingua vehicular
maioritaria entre as súas familias é casi a partes iguais galego e
castelán, cota que sobe significativamente cando a relación é cos avós.
O 73 % das familias considera a
lingua castelá como a lingua habitual nas súas relacións familiares e
sociais e non se apreciaron cambios nese senso nunha amplisima maioría,
un 95%, e só 10 familias falan nunha lingua distinta ás dúas oficiais,
isto refíctese no feito de que unha inmensa porcentaxe de alumnos é
castelán falante, máis aínda do que sinalan as enquisas, pois podemos
irnos a un 97% do alumnado, habendo por clase un promedio de 2 alumnos
galego falantes, pero que por mor do ambiente, acaban por expresarse en
castelán, aínda que sigan entendendo e estructurando os seus pensamentos
en galego. Un 22% usa sempre a lingua galega e un 10% usa
indistintamente as dúas linguas. Convén resaltar que no grupo
maioritario ten cabida un número elevado de inmigrantes de países
hispano-falantes.
Un 75% dos pais e un 80% das
nais tiveron algún estudio en lingua galega, ben nos estudios primarios
ou secundarios e mesmo en cursiños promovidos pola Xunta de Galicia ( 56
fixeron iniciación, 29 perfeccionamento e só 2 especialización).
En xeral os pais empregan máis
o galego que as nais, e úsano sobre todo no ambiente familiar ou de
traballo e moi pouco cos seus fillos aínda que se atópan máis a gusto
falando en castelán: un 58% dos pais e un 65 % das nais consideran que
hai traballos e actividades para os que é necesario o galego.
Por
último reseñar que o ensino na escola debe ser unicamente en galego é
apoiado por 6 pais, os que pensan que debe ser só en castelán son un 13
% dos pais e un 15% das nais, mentras que o uso das dúas linguas
compartido, é apoiado por un 76% dos pais e un 65% das nais.
A pesares
destes datos, a metade dos pais dos alumnos de EI de 3 anos escolleron a
opción do galego como lingua de ensino para os seus fillos. Debido a
esto por segundo ano consecutivo, temos implantada unha aula de galego,
contando actualmente cunha aula de 3 anos e outra de 4 anos, con ensino
en galego. Suliñar tamén a gran importancia que lle dan os inmigrantes a
este tema, pois alomenos un 15% da matrícula das dúas aulas procede da
inmigración. Contamos que a partires do vindeiro curso escolar o centro
conte cunha liña de EI en galego e outra en castelán.
Canto ó profesorado,
aínda que a maioría é castelán falante, un 70%, usan o galego nas
situacións escolares que o requiren, como son todo tipo de reunións,
tanto de mestres coma de pais, e cando alguén se dirixe a eles no idioma
galego, respostan neste idioma. O 30% restante usan o galego en tódolos
ámbitos. Todos contan con estudios suficientes de iniciación e
perfeccionamento de galego para impartir e falar as asignaturas
obrigadas neste idioma. Só tres teñen o curso de especialización.
Tendo en conta estes datos, consideramos de suma importancia a promoción
do uso da lingua galega, xa que é claramente minoritaria entre as
familias e o alumnado.
OBXECTIVOS
O Equipo de Normalización
Lingüística do CEIP do Graxal II, tendo en conta a análise do alumnado e
das súas familias, pretende reforzar o proceso de Normalización
Lingüística no centro tanto no ámbito escolar como extraescolar, cuns
obxectivos reais. Para conseguir iso propoñemos os seguintes obxectivos
:
1.
Fomentar o uso do
galego de forma natural nas reunións e no entorno escolar.
2.
Poñer en práctica
actividades encamiñadas a valorar a importancia da nosa lingua.
3.
Fomentar o uso do galego
nas conmemoracións e celebracións escolares relacionadas coa nosa
cultura (Magosto, Entroido, Letras Galegas...)
4.
Colaborar na programación
de actividades para as celebracións escolares.
5.
Editar un xornal escolar.
6.
Ampliar o fondo
bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático do centro.
7.
Manter informada á
comunidade educativa de todos aqueles acontecementos relacionados coa
nosa lingua,: exposicións, representacións culturais, charlas, voceiros…
8.
Recoller e coñecer
lendas, contos e historias tradicionais da zona para logo publicalas nun
pequeno libriño.
9.
Coñecer, elaborar e
practicar xogos populares galegos.
10. Promover
actividades complementarias para acadar un mellor coñecemento da
cultura, xeografía, arquitectura e historia da comunidade galega.
11.
Manter
contactos con outros colexios da zona galego falantes para facer
intercambios de actividades entre os nosos alumnos.
|
ACTIVIDADES |
Temporalización |
Destinatarios |
Responsables |
|
Visita
dun escritor/a de contos galego : Mar Guerra e Xoan Babarro
Cremos que a visita dun escritor galego a todos os niveis do
centro cada curso é moi motivador cara ó fomento da lectura, e
asímesmo, estamos a axudar dalgún xeito ós escritores. |
3º trimestre |
Alumnado |
Titores
Equipo de N.L |
|
Participación na organización dos actos
conmemorativos das distintas celebracións escolares, coa
elaboración obrigatoria de todos os murais, lemas, carteis,
etc..., en lingua galega:
Magosto:
Investigación
sobre a magosto popular galego. Elaboración de carteis, murais,
debuxos e traballos en lingua galega, realización de fichas,
contos, confección e exposición de colares
Samaín:
investigación sobre a festa das cabazas e a súa orixe,
decoración dos corredores e das aulas con motivos alusivos e en
xeral con froitos do outono., realización de fichas, sementar
cabazas e confección dalgunha receita de cociña.
Nadal:
.
Panxoliñas, poesías e obras de Teatro en galego preferentemente.
Día
da Paz:
Murais,
carteis, e outros traballos obrigatoriamente en galego.
Entroido:,
Traballos de investigación en galego; presentación do festival
en galego; elaboración de coplas do Entroido en galego.
Confección dos traxes en EI previa elección por parte do
claustro do tema a desenrolar
Dia da Árbore:
celebración conxunta do día do medio ambiente e da árbore para
conciencialos no coidado do medio ambiente, con traballos
alusivos ó tema e plantación de especies autóctonas no patio do
colexio.
Letras Galegas:
Elaboración de contos en galego para
cada ciclo; carteis, murais e traballos en galego ; elaboración
de lemas favorables ó uso do galego. Exhibición de bailes e
traxes rexionais. Elaboracion e lectura dun manifesto en defensa
do galego por parte dos alumnos do 2º ciclo. Coñecemento e
interpretación do himno galego por parte de toda a comunidade.
Todas estas actividades, que son moi atractivas para os nenos-
polo seu carácter lúdico- e as súas familias- pola posibilidade
que teñen de ver aos seus fillos actuando- resultan moi
motivadoras para o uso do galego, xa que os alumnos relacionan
dun xeito positivo a lingua galega con algo entretido. Ademáis,
moitas destas actividades, xa que son realizadas de cara ós
pais, axudan a promocionar a lingua entre toda a comunidade
educativa, algo moi necesario no noso entorno.
|
Titores
Equipo de N.L |
Comunidade educativa |
Titores
Equipo de N.L
Equipo de Actividades extraescolares |
|
Recollida de lendas, ditos e refráns de
transmisión oral para traballar a expresión oral en galego nas
aulas. Con todo o material recollido, editaremos un libriño para
disfrute de toda a comunidade educativa.
Potenciar o contacto dos nenos cos seus maiores, recuperando
dalgún xeito a transmisión oral tradicional da cultura galega.
Elaboración dun libro viaxeiro coa colaboración das familias. |
2º e 3º trimestre |
Comunidade educativa |
Titores
Equipo de N.L |
|
Visita a un muiño en funcionamento para coñecer
in situ o traballo do muiñeiro.
Potenciamos o coñecemento dos oficios tradicionais galegos, nun
entorno urbano onde os nenos xa non teñen coñecemento deles.
Ademáis resúltalles moi motivador ó poder visualizar
directamente a habilidade lóxica dos artesáns. |
3º trimestre, coincidindo co día das Letras
Galegas. |
Alumnado |
Titores
Equipo de N.L
Equipo de actividades extraescolares |
|
Visita ó Castro de Sargadelos co fin de que os
alumnos coñezan de primeira man o proceso de elaboración da
cerámica
Pretendemos que os nenos coñezan unha industria moi valorada
socialmente e cunha orixe totalmente galega e cuns fins moi
enraizados na nosa cultura. |
3º trimestre |
Alumnado de E. Primaria, |
Titores
Equipo de N.L
Equipo de actividades extraescolares
|
|
Práctica de xogos populares no patio durante o
tempo de lecer e nas clases de Ed.Física e psicomotricidade.
Pretendemos que os alumnos recuperen os xogos dos seus pais e
avós, e poidan disfrutar con eles. |
Todo o curso |
Alumnado |
Profesores de E. Física.
Equipo de N.L. |
|
Elaboración e publicación do nº3 da revista
escolar “Bule Bule”
A
revista utiliza nun 100 % do seu contido- a lingua galega,
co que conquerimos motivar ós alumnos para utilizala, xa que sen
dúbida, o feito de que o seu traballo sexa publicado é un
incentivo moi aleccionador. |
Todo o curso, a recollida e a publicación no mes
de xuño |
Alumnado.
Comunidade educativa. |
Titores
Equipo de N.L
|
|
Elaboración e exposición de contos en galego por
parte de todos os ciclos na medida das súas posibilidades, con
entrega dun lote de libros por nivel como recoñecemento á súa
participación.
Cremos que é un medio moi interesante para motivalos a utilizar
o galego escrito. |
3º trimestre con motivo das Letras Galegas |
Alumnado |
Titores
Equipo de N.L
|
|
Obradoiro de contos tradicionais para contar nas
aulas de Ed. Infantil polos alumnos de 3º ciclo de Ed.Primaria
Actividade moi motivadora para os alumnos do 3º ciclo de
Primaria, e que ademáis obrígalles a expresarse oralmente en
galego. Ademáis conquerimos fomentar a súa lectura en galego e o
seu coñecemento das lendas e contos tradicionais. Por outra
banda, os cativos de Educación Infantil séntense moi interesados
xa que aprecian o feito de que sexan outros nenos os que lles
conten as lendas.
|
2º e 3º trimestre |
Alumnado |
Titores
Equipo de N.L
|
|
Revisión periódica da páxina web do centro.
Creación dun blog para cada unha das aulas do centro, incluindo
EI na medida das súas posibilidades.
Primar o uso dos programas informáticos
educativos en galego. Educación Infantil está inmerso nun
programa europeo Comenius,e a pesares que neste programa a
lingua vehicular é o inglés, utilizamos o galego para todos os
power point que se presentan nas reunións cos pais e, por
suposto, nestas reunións usamos tamén o noso idioma.
|
Todo o ano |
Alumnado.
Comunidade educativa |
Profesor Tics
Titores
Equipo de N.L
|
|
Elaboración dunha memoria fotográfica do curso en
EI coa posibilidade de amplialo a todos os niveis. |
Mes de xuño |
Alumnado E. Infantil |
Titores
Equipo de N.L
|
|
Programa de estimulación da linguaxe oral en
galego.
Programa impartido polo especialista de AL en tódalas aulas de
EI, que este ano presenta a novidade de introducirse na lingua
galega: aumentando o seu léxico e a correcta adquisición de
fonemas non comúns co castelán. |
1 sesión semanal con cada un dos grupos de EI
durante todo o curso. |
Alumnado E. Infantil |
Titores
Equipo de N.L
Especialista de A.L. |
|
Xogar a pensar. Filosofía para nenos..
É
esta unha actividade nova que pretendemos icontinuar neste
curso, debido ó éxito obtido o curso pasado, para que vaia
instaurándose pouco a pouco no centro como unha actividade
periódica. Pretendemos que os alumnos aprendan a expresarse,
pero sobre todo a pensar en galego, fundamental para un uso
habitual do idioma. |
Todo o curso |
Alumnado de E. Infantil |
Titores
Equipo de N.L
|
|
Proxectos sobre arte e música en EI, con autores
galegos facendo fincapé na música tradicional galega, cos seus
instrumentos típicos e o vestiario tradicional.
|
Todo o curso |
Alumnado de E. Infantil |
Titores
Equipo de N.L
|
|
Apoio á lecto-escritura en EI 5 anos coa
elaboración de receitas típicas da nosa gastronomía e da de
outras zonas ou países, apoiando así a integración do alumnado
inmigrante e das súas familias no entorno, posto que se lles
invitará para que aquela familia que queira colaborar poida
facelo. Con este plan potenciamos tanto a escritura como as
matemáticas, posto que falamos de cantidades, medidas, etc |
Todo o curso |
E.Infantil |
Titores
Equipo de N.L
|
|
Colaboración e intercambio de execución de obras de teatro por
parte dos alumnos de ciclo de EP, co CEIP BREXO-LEMA. Tamén
tentaremos facer un intercambio entre os nosos alumnos e os do
citado centro para contar contos, adiviñas, charlas... dado que
é o colexio do noso concello galego-falante por excelencia.
Deste xeito potenciamos o uso da nosa lingua nos propios alumnos
que se esforzan moito máis cando se trata de traballar con e
para outros nenos |
Unha vez por trimestre |
alumnado |
Titores
Equipo de N.L
|
Ver fotos sobre as actividades
|