|









| |
 |
Os proxectos de Infantil
|
|
CURSO
2008/2009 |
|
SOMOS
ARTISTAS |
O proxecto
estrela deste ano é a elaboración dun castelo con materiais de
refugallo, no que participan todos os alumnos de educación infantil.
Primeiro falamos das personaxes dos castelos, logo clasificamos os
bricks por tamaños axudamos a pegalos, forrámolos con papel e
pintamos as paredes. Os de 4 anos pintan a paisaxe e os de 5 crean
os personaxes . |
 |
|
O OUTONO

|
Cando comezou o outono e despois de falar na clase,
saímos ó campiño que hai detrás do colexio para observar as
características principais da estación:
Miramos como as árbores quedaban espidas. Observamos
a alfombra do chan: verde amarela e marrón. Recollemos froitos:
mazás, peras, castañas…descubrimos
o que había dentro dos ourizos.
E collemos folliñas de moitos tipos para logo facer
traballos na aula con elas.
|
 |
|
A VENDIMA
 |
Preparámonos para facer a nosa vendima:
Lavamos ben as mans, remangámonos e puxemos mans á
obra.
Para ambientarnos no tema, previamente decoramos a
aula e os corredores.
E logo pintamos as folliñas da parra e fixemos unha
coroa, que puxemos moi contentos.
O primeiro que fixemos foi lavar as uvas e
clasificalas por cores: as verdes por un lado e as moradas por
outro.
Despois separamos os bagos dos rabiños con moito
coidado.
A continuación apretamos moi forte as uvas ata que
saíu zume. Custounos un pouco porque estaban duras, sobre todo as
moradas.
Cando conseguimos moito zume, coámolo para separar os
pelexos, e observamos a diferenza dos zumes segundo a cor das uvas.
Por último, probámolo!!
Estaba moi bo. Á maioría gustounos máis o da uva
verde, porque era máis doce, pero non quedou nada
|


|
|
SAMAÍN
 |
Contamos
a tradición, decoramos cabazas e vaciámolas. Tamén cantamos cancións
como a dos esqueletos e o reloxo. |
 |
|
TRABALLANDO
COS

MAIORES |
Os maiores tamén veñen traballar connosco,
axudáronnos moito no nadal: escribimos a carta de papá noel e
fixemos postais para as nosas familias.
|
 |
|
PEQUENOS

XORNALISTAS |
De momento
non sabemos escribir, pero comezamos a traballar co xornal de xeito
lúdico e divertido.
|
 |
|
TRABALLANDO
COAS

FAMILIAS |
Seguimos traballando coas familias na medida das súas posibilidades.
Gústanos moito cando mamá ou papá veñen vernos á clase. |
 |
|
O MILLO

|
Outro froito
típico do outono é o millo. Un día apareceron na clase unhas
mazarocas. Poucos nenos sabían o que era, entón esfollamos e
descubrimos o millo.
Debullamos as mazarocas.
Usamos medidas de capacidade: o ferrado e o medio
ferrado.
Pero, cánto pesa un ferrado? E o medio ferrado? Máis
ou menos ca un de nós?
Comparamos o
ferrado de millo co ferrado de trigo: aínda que ocupan
|

|
|
XOGAR
A

PENSAR
|
Aproveitando os momentos de pensar elaboramos o calendario deste ano
coas normas do curso, costou moito pensar as normas, as posición das
fotos…pero quedou moi bonito. |
 |
|
PRANTAMOS

|
Observando no patio de recreo a qué xogaban os nenos,
vin que un dos seus xogos preferidos era plantar. Plantan calquera
cousa, follas, pauciños flores… entón decidín traer uns bulbos e uns
tarriños de barro e plantar flores de inverno.
Primeiro decoramos as macetas. Puxemos o bulbo.
Enchemos de terra. Regamos. Despois puxémolas na ventá para que lles
dera o sol.cada certo tempo, había que regalas.
Ata que por fin comezaron a nacer as flores.
Qué ben ulen!!!
E qué bonitas son.
Temos que seguir coidándoas
|

|
|
SOMOS DEMÓCRATAS
 |
Pouco a
pouco descubrimos as regras da democracia, aínda que non sabemos o
que é iso. De volta de Suecia a mestra trouxo uns renos de regalo
para as clases, non podiamos quedar con todos, polo que houbo que
votar o que preferimos. Acatamos a maioría sen problemas |
 |
|
SOLTA DE
AVES

|
Un día a consellería de medio ambiente propúxonos
facer unha solta de aves na nosa escola. Eran aves feridas que
recuperaron no centro de recuperación de aves.
Mandáronnos información sobre as dúas aves: cárabo e
ratonero común, e traballamos sobre ela.
Comparamos o noso tamaño co das aves.
Comparamos as dúas aves entre si.
E por último
realizamos a solta de aves |

|
|
CURSO
2007/2008 |
|
SOMOS
ARTISTAS |
-
LUGRÍS:
este curso pensamos dirixir os proxectos de arte haca artistas
Galegos, nesta liña o primeiro foi Urbano Lugrís, unha figura
que encandilou a todos e da que se fixeron traballos moi
interesantes.
-
PICASSO:Continuando co proxecto iniciado o curso pasado e dado
que tivo lugar na Coruña unha exposición sobre retratos
femininos de Picasso, este ano volvimos a recuperar esta
interesantísima figura do arte para os nenos/as co título:
Picasso e as súas musas.
-
LAXEIRO: outro interesante artista que a pesares da súa
complexidade chamou moito a atención dos pequenos. Como remate
tamén visitamos a súa exposición na Fundación Barrié.
|

 |
|
O
PROTAGONISTA

DA
SEMANA |
Un dos
proxectos que máis ilusionou ós alumnos foi este, no que cada semana
un deles nos contaba todo sobre a súa persoa: Nome, dirección,
medidas, amigos, soños, familias… |
|
|
COAS MANS

NA MASA |
Gustounos
tanto o traballo feito o outro curso que este ano continuamos na
mesma liña, eso sí axudados polas súas familias que viñan botarnos
unha man para elaborar as nosas receitas. |
 |
|
PEQUENOS

XORNALISTAS |
Encántanos
traballar co xornal na aula: buscamos noticias, recortámolas,
redactámolas á nosa maneira e xogamos. |
 |
|
TRABALLANDO
COAS

FAMILIAS |
Engarzando co proxecto anterior xurdiu estoutro, no que as familias
dos nenos protagonistas que queren e poden, veñen visitarnos á
clase: a contarnos cousas sobre o seu traballo, axudarnos a cociñar
ou simplemente ler contos. |

|
|
O
SORRISO

DE
CLAUDIA |
Aproveitando
que limos o conto de Rivadulla Corcón e que él veunos visitar,
fixemos un conto móbil con Claudia e os seus amigos e redactado por
todos nós. |
|
|
XOGAR
A

PENSAR
|
A
partires do conto da xoaniña Fina, comezamos a pensar, investigar,
deducir, plantexar hipótesis e sacar colclusións. Un ejemplo deste
traballo: a orixe dos nomes, as disolucións… |
|
|
CURSO
2006/2007 |
|
OS NÚMEROS

DA MIÑA VIDA |
Traballamos cos números partindo
daqueles que están presentes na vida cotiá: medida, peso, talla,
dirección, teléfono, matrícula…para que os nenos poidan apreciar a
importancia dos mesmos. |
 |
|
SOMOS
ARTISTAS |
-
“Somos MIRÓ”: A partires da
observación de varias obras de Joan Miró, e debido á fascinación que
o seu brillante e vistoso colorido espertou nos pequenos, comezamos
este proxecto que serviu como punto de partida para inicialos no
mundo da arte.
-
“Somos PICASSO”: Tras o éxito
acadado coa obra de Joan Miró e aproveitando a celebración do Día da
Paz , partindo do cadro “El niño y la paloma” desenrolamos o
proxecto sobre o xenial autor malagueño.
-
“Somos Cavernícolas”.
Estudiamos a Miró; estudiamos a Picasso, pero…¿como xurdiron os
primeiros artistas? Esta pregunta levounos a considerar a
posibilidade de emular aos primeiros pintores: os cavernícolas.
E, coma eles, optamos por utilizar materiais directamente sacados
da Natureza, coma o barro.
|
 |
|
MOZART

UN XENIO INOLVIDABLE |
A través deste proxecto pretendemos
que os nenos se acheguen e aprecien a música clásica dun modo lúdico e
ameno. Para isto partimos da ópera “ A frauta máxica” de Mozart,
coñecendo: a biografía do autor, os personaxes que interveñen na ópera,
os instrumentos… Salientar que a parte da ópera adicada á Raíña da Noite
resultoulles especialmente motivadora. |
 |
|
COAS MANS

NA MASA |
Un novo
xeito de aprender a ler e escribir a través das receitas da avoa. O
mesmo tempo é unha boa forma de traballa-las matemáticas: cantidade,
secuenciación, volume, medidas de capacidade, e sobretodo os
sentidos. |
 |
|
PEQUENOS

XORNALISTAS |
Como
traballar co xornal na aula e facer dos pequenos uns grandes
xornalistas, tanto contando e redactando as novas dos xornais, como
as súas vivencias persoais ou inventadas |
 |
|
ANIMALANDIA
 |
O proxecto
que tódolos nenos adoran: os animais; dun xeito lúdico e sumamente
divertido aprendemos moitas cousas dos animais: como viven,
reprodúcense e nacen, a que velocidade andan ou que grandes son, o
que comen ... Mesmo fixemos puzzles de animais e visitamos o parque
de Marcelle que nos serviu de base do proxecto. |
 |
|
TRADICIÓN

E IMAXINACIÓN |
Tradición:
Por último unha gran idea: “o libro viaxeiro das familias”; cada día
un neno leva un maletín á casa que ten que estar de volta ó día
seguinte; nel , a súa familia escribe un conto, lenda, canción,
adiviña poesía ou refrán en galego, que o neno interpreta diante dos
seus compañeiros sentíndose o protagonista da aula. Comeza o libro a
mestra. Ó final fixemos un libro de recordo para todos que eles
mesmos paxinaron e decoraron.
Imaxinación:
Invención
de contos individuais partindo duns principios e finais de contos
tradicionais, con todos facemos un libro de contos |
 |
|
O NOSO CORPO
 |
A través das
medidas persoais: peso, talla, altura, nº pé, etc traballamos o
corpo humano, mesmo trouxemos un esqueleto para a clase e con el
xogamos e estudiamos os ósos do corpo |
 |

|