CEIP GRAXAL

PRINCIPAL
O NOSO COLEXIO
OFERTA EDUCATIVA
SECRETARÍA
ORIENTACIÓN
ACTIVIDADES
SERVIZOS
ANPA
ALBUM FOTOS

OFERTA EDUCATIVA
   
     

Os proxectos de Primaria

 

E-TWINNING

Proxecto  eTwinning     Cross-culture  friendship                                  

Escolas :

                     CEIP DO GRAXAL 2 .  Cambre. A Coruña

                     Szkoła  Podstawowa  nr 10, im. Marii Curie Skłodowskiej  . Polonia                                                                         ( Escola situada na cidade de Katowice , rexión de Silesia , sur de  Polonia )

                  Qué é  eTwinning ?

    E-Twinning  é  a acción principal do  programa E-Learning  ,que ó igual que o Sócrates é un programa educativo da  Unión Europea ,pero  que neste caso  é para promover o  uso das Tecnoloxías da Información e  a  Comunicación (TIC) nos centros escolares europeos.  Sendo iniciada no 2004 , consiste en que dous centros de dous  países europeos diferentes , aproveitan as posibilidades que ofrecen as TIC  para colaborar , intercambiar  información e  compartir  material didáctico de cara a obter  beneficios pedagóxicos , sociais e culturais        Para   todo   elo  cada escola ,previamente , se rexistra no  eTwinning   e  despois  tenta  encontrar un socio co que  elaborar un proxecto común , que posteriormente deberá ser aprobado polos servicios educativos dos países correspondentes. (o MEC no caso español).

           Traballos de etwinning realizados  no  Proxecto  durante   o curso 2006/07 , usando a lingua inglesa como idioma  de intercambio:

Cross-culture  friendship

  • Intercambio de e-mails de presentación de alumnos

   -Enviados por Graxal 2  

        En formato Doc.

        Escaneados e enviados con debuxos

   -Enviados por Szkola  Podstawowa 10

        En formato Doc.

  •  Textos e gráficos orientados a nosa situación xeográfico- cultural  

       - Enviados por Graxal 2

              En formato Doc.

       - Enviados por Szkola  Podstawowa   10

              En formato PPT

  •     Textos e gráficos (Doc)  sobre as nosas tradicións 

       - Enviados por Graxal 2         

       Nadal: Reis Magos , 31 de decembro , Noiteboa

       Outono: Textos e gráficos (Doc)  sobre  o magosto , o samaín e o día de Todos os Santos   e en formato PPT sobre  o   magosto

       - Enviados por Szkola  Podstawowa 10

          Textos e gráficos (Doc)  sobre o día de Todos os Santos

        -Enviados por Graxal 2 : Arquivo de sonido  mp3  dunha  panxoliña , traducción  ó inglés da mesma   

     -Enviados pola Szkola  Podstawowa 10

  En formato Doc.  texto e gráficos sobre  a  Científica  Maria Curie  

  Unha  panxoliña  polaca , traducción  ó inglés da mesma

 

  •     Textos e gráficos orientados a  expoñer   diferentes aspectos do deporte  e xogo nos nosos territorios

        - Enviados por Graxal 2

              En formato Doc.

        -  Xogos populares  galegos:  a chave e    os bolos

             Deportes autóctonos:traiñas

             O Deportivo da Coruña

             O atleta olímpico David Cal

        - Enviados por  Szkola  Podstawowa 10

              En formato PPT

            Deportistas relevantes polacos   individuáis e seleccións deportivas nacionais:

            Nadadora, saltador de esquí, piloto de fórmula 1 , gardamallas, seleccións absolutas de balónvolea e  balonmán .                      

       

 

 

VER PRESENTACIÓN PROXECTO

PROGRAMA DE MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR

  •  Dirixido aos alumnos de 3º Ciclo de Educación Primaria ( 5º e 6º cursos) de uns 100 centros de Galicia.
  • O programa céntrase nas áreas das linguas -Castelá e Galego- e na área de Matemáticas.
  •  Consiste en obradoiros e actividades das áreas anteriormente citadas dirixidas a mellorar as competencias dos alumnos, coa axuda en asesoramento e material por parte da Consellería.

RECICLAMOS

 

Para aportar o noso graíño de area na conservación do medioambiente temos organizada a recollida de papel para reciclar. Cada semana un grupo de nenos recorren as aulas e outras dependencias do centro , recollen o papel que se tira  e o depositan no contenedor azul.

 Queremos que con esta actividade sensibilizarnos todos aínda máis da importancia que ten o facer un bo uso de todo aquilo que a natureza nos ofrece.

Esperamos que nos vindeiros cursos poidamos levar a cabo máis  actuacións neste sentido.                            

 PRENSA

ESCOLAR

O noso centro participa  cos nenos de 5º e 6º, no programa Prensa – Escola do xornal  La Voz de Galicia.

Cada grupo ten creado o seu blog e nel  os nenos e nenas van escribindo o que queren comunicar ós seus compañeiros ou profesores.

 Esperamos participar no vindeiro ano, porque temos que aprender moitas mási cousas dos blogs e ademáis porque é unha actividade moi interesante non só porque  fai coñecer e aprender máis sobre as TIC (Tecnoloxías  da información e a comunicación) senón  porque  tamén fai que se practique  a expresión escrita dun xeito máis estimulante.

 Dentro deste programa os profesores pudieron participar en cursiños nos que se puxeron ó día nestes temas.