| A COR DA ROSIÑA |
|---|
| Rosiña era unha rosa que había nunha roseira ó pé dunha casa.Era moi fermosa, da cor do sangue,
igual ca tódalas súas compañeiras. Un día pola mañá, cando espertaron, Rosiña perdera a súa cor vermella e agora parecía coma unha cousa que de seguro ninguén viu antes, coma unha rosa sen cor. Só cando as compañeiras llo dixeron, decatouse Rosiña da gran desgracia que acababa de caer sobre ela, e botouse a chorar. Chorou tanto que pasou oito días chorando arreo... Ata que un día a rosa máis vella da roseira díxolle que o que tiña que facer era ir na procura da súa cor, estivese onde estivese. Atendeu ben o consello Rosiña, porque xa estaba o sol ben alto cando parou a descansar na póla dun loureiro. Estaba moi cansa. -¡Carafio!-dixo o loureiro. ¿Que fai unha rosa por aquí? -Ando na procura da miña cor-dixo Rosiña choromicando. -Rouboucha a noite que che é moi envexosa da cor, como ela é negra de todo... -¿Que vou facer agora?-dicía entre saloucos. Xa para sempre estarei sen cor. -Non muller, non-consolouna o loureiro. O que tes que facer é atopar un anaquiño de cor para ti...vas onde haxa unha planta vermella e pídeslle unha pouca da súa cor, e xa está. |
| Cando presiones o botón terás a resposta |
Escribe un sinónimo e un antónimo das seguintes palabras: