A CABEZA: vista lateral externa.


SECCIÓN DA CABEZA


VISTA LATERAL DO CRÁNIO


VISTA FRONTAL DO CRÁNIO
O CRÁNIO é unha das estructuras óseas máis complexas do organismo.
Internamente, a cavidade principal do cránio ten tres niveis que conteñen ó cerebro, na que cada protuberancia e cavidade corresponden á forma do mesmo.
Debaixo e cara atrás atópase un gran burato redondo, chamado burato magno, a través do que pasa a médula espiñal. Diante deste burato hai moitos pequenos polos que entran e saen do cerebro nervios, arterias e veas.
O teito do cránio está formado por ósos curvos e delgados que se unen firmemente entre si a partir dos dous anos de idade.
Na parte dianteira do cránio temos as dúas órbitas, que conteñen os globos oculares, e un burato central para o paso do aire ó nariz.
A mandíbula articúlase co cránio a altura das orellas.


MÚSCULOS DA CABEZA