O 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ BAIXO O LEMA ”UN MURO POLA PAZ”
· Celébrase o 30 de Xaneiro, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi (home que coa súa loita pacífica e con
accións de non-violencia conseguiu que a independencia da India, o seu pais
natal, se fixera realidade.
· Esta celebración contribúe a que os centros de
ensino se convirtan en Instrumento de Paz e entendemento entre persoas de
distinta formación, raza, cultura e relixión.
· Proponse unha educación
permanente para a Concordia, Tolerancia, Solidariedade, o Respeto aos
Dereitos Humáns, a Non Violencia e a Paz.
No colexio, como todos os anos,
os días anteriores estivemos preparando nas aulas o material necesario para a
elaboración do mural que colgamos entre todos o 30.
Este ano eleximos o lema UN MURO POLA PAZ.
MAÑÁ: En todas as aulas traballamos Unidades Didácticas sobre a Data.
· Proxección do DVD “Quero ser como Beckham” (5º e 6º curso).
TARDE: Os nenos e mestres de cada clase, baixamos ó corredor principal do centro para reunir as mans que previamente elaboraran os alumnos e pegalas no mural que simbolizaba UN MURO POLA PAZ , cada un asinou as súas mans.
A celebración consistiu en:
1.
Levantamento de “UN MURO POLA PAZ”.
2. Pegado de mans, coa palabra PAZ e asinadas pola totalidade do alumnado, no muro.
3. Interpretación do tema “IMAGINE” de John Lennon.