
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2007 - 2008
ÍNDICE
DO
CENTRO PARA O CURSO 2006-07
O
Centro de Educación Infantil e Primaria "O CASTIÑEIRO" de Laza elabora o Plan de traballo a seguir ó
longo do curso escolar 2006-07 procurando adaptalo no posible ós condicionantes
propios do Centro e do alumnado.
Ó fixárense os obxectivos, así coma
os medios para os acadar, e o desenrolo das actividades dirixidas á consecución
dos fins propostos, preténdese, que o Plan sexa a canle principal do proceso
educativo tendente a unha formación integral para tódolos alumnos adaptándoa no
posible ás aptitudes e capacidades individuais.
Os
recursos dispoñibles, o desenrolo das actividades e os resultados obtidos son
analizados cada principio de curso para sometelos ás novas esixencias da vida
social e cultural na que estamos mergullados.
Terase
tamén en conta a incentivación dos valores humanos do neno que motivarán e
orientarán as súas inquedanzas de cara á vida profesional e social.
O
presente Plan de traballo é o resultado da tarefa coordinada do Claustro deste
Centro, encamiñado sempre de cara ó neno para acada-lo seu mellor e mais
completo desenrolo integral.
O
colexio de Ensino Infantil e Primaria "O CASTIÑEIRO" de Laza está emprazado no barrio do Castiñeiro
na vila de Laza, capital do concello do mesmo nome.
2.1.- O entorno:
Xeográficamente o concello de Laza,
cunha superficie de
O
concello de Laza está conformado por dúas zonas perfectamente delimitadas: O
val e a montaña.
O
val cunha altitude media de 450m,
definido polas marxes do río Támega en torno ó que se asentan o 60% dos
habitantes cos núcleos de poboación máis grandes, entre eles Laza.
A
montaña, que supera os mil metros de
altitude por Camba, cun total de once lugares nos que residen caseque un millar
de almas.
O
clima, nos seus aspectos mais
xerais, encádrase dentro das características do oceánico degradado, con
tendencias continentais. A pluviosidade é abondosa, acada unha media anual
superior ós 950mm. As oscilacións térmicas son relativamente amplas: as xeadas
abondan nos invernos, a neve pode verse nas montañas gran parte desta estación;
os veráns, pola contra, son calorosos.
No
marco sociocultural atopámonos en
Laza cun concello de carácter rural, no que as actividades tradicionalmente
incluídas nos sectores secundario e terciario (industria e servicios) teñen
escasa importancia, limitándose a algunhas industrias artesanais de explotación
familiar.
Estamos
ante unha zona eminentemente AGRÍCOLA-GANDEIRA, carente de industrias. A súa
economía está baseada nas pensións da terceira idade, que dan para paga-lo
censo ata acada-la pensión de xubilación.
No
eido cultural, cabe reseñar as
carencias: non hai biblioteca pública (funciona a da Asociación 3 de maio); non
hai ximnasio nin clubs federados; non existen centros para continuar
estudios...
Cabe
destacar, nembargantes, o fondo arraigo de tradicións ancestrais como o
antroido ou festas coma as do Santo Cristo e outras.
Está
a funcionar o pavillón polideportivo, inda que queda algo afastado do recinto
escolar, que pode canalizar un pouco as arelas deportivas da xuventude da
bisbarra.
2.2.- O recinto escolar
O
recinto escolar onde está ubicado o Centro ten unha extensión máxima aproximada
duns cinco mil metros cadrados. Hai que distinguir nel o Grupo Escolar, as
Escolas Vellas, a caseta de Deportes e a zona non edificada.
O
grupo, que é o edificio principal,
está situado ó Norte do recinto e está conformado por dúas plantas.
Na
primeira planta, a dos servicios, están a cociña coa despensa e o comedor
escolar, secretaría, biblioteca, laboratorio, sala de profesores, sala de audio
visuais, aseos de alumnos e mestres, aula de Educación Infantil e patio
cuberto.
Na
segunda planta están as aulas de primaria e os aseos de nenos e nenas.
Nas
Escolas Vellas , unha das alas está como almacén do colexio e vivenda e a
outra ala está a disposición da A.P.A.
A Caseta dos deportes,
para gardar material deportivo, está anexa ás escolas vellas. O resto do
material deportivo gárdase noutra caseta onda o patio cuberto.
A
parte non edificada está adicada a xardín en gran parte e hai unha cancha
polideportiva de 40x20 metros.
2.3.- Servicios complementarios
Encádranse
dentro deste sector os servicios de comedor, transporte e servicios médicos.
O
comedor escolar, a súa encargada é
Marñia Fernández Ferrón e hai varios profesores que colaboran con ela. É
utilizado por un total de 35 comensais dos que 22 son alumnos de transporte, a
estes teremos que añadir aqueles nenos que sendo de Laza quixeran quedarse no
comedor pagando, que neste momento son 8
e o resto profesores, encargada, e persoal laboral de cociña.. Tódolos
pais recibirán a través da encargada información da comida dos seus fillos cos
menús de cada mes.
O
transporte escolar que é utilizado
por 22 alumnos procedentes de distintas parroquias do entorno é realizado por
autocares da empresa ANPIAN e unha furgoneta tamén da mesma empresa.
O
servicio médico integrado por dous
médicos e unha enfermeira.
3.
OBXECTIVOS XERAIS DO CENTRO
3.1.- Obxectivos
·
Valorar
e estima-las linguas da nosa comunidade, facendo un uso delas en tódalas situacións que o requiran,
respectando sempre ós demáis.
·
Fomenta-lo
gusto pola lectura e desenrolar a comprensión lectora.
·
Expresarse
oralmente e por escrito en galego e castelán, con coherencia, corrección e
creatividade.
·
Facer
uso das linguaxes oral e escrita como instrumento para a comprensión, análise e
organización de feitos e saberes de calquera tipo.
·
Prestar
especial atención ó cálculo matemático.
·
Mellorar
o funcionamento xeral do centro, non só a nivel académico senón tamén a nivel
de comportamento, orden e valores.
·
Coñecer,
apreciar e disfrutar do patrimonio cultural do seu entorno (e do país),
participando na súa conservación, mellora e difusión sen menospreciar a outros
pobos e culturas.
·
Inculcar
nos nenos o respeto á Natureza e a importancia da conservación da mesma.
·
Adoptar
actitudes positivas e comprometedoras na construcción dun mundo máis xusto e
solidario.
3.2.- Medidas e recursos para a súa consecución
·
Promover
a lectura e o uso da biblioteca por parte dos titores e profesores de galego e
língua española.
·
Levar
control dos libros e comprobar a súa comprensión por medio dunha ficha.
·
Nas
clases de matemáticas, adicar algún tempo ó cálculo mental.
·
En
épocas coma o entroido inculcarlle a importancia das tradicións deste pobo, da
súa cultura e do seu patrimonio.
·
profesor
subirá ó tocar o timbre e esperará na clase ó seu grupo de alumnos.
·
Ninguén
saíra da clase ata que soe o timbre e cada profesor velará para que a saída
sexa ordenada.
·
Facer
campañas de recollida de pilas e si fora posible por parte do Concello, tamén
de papel.
·
Nas
saídas ó campo, velar pola limpeza do lugar.
4. OBXECTIVOS
XERAIS POR CICLOS E ÁREAS
4.1.- Obxectivos xerais de
Ed.Infantil
4.2.- Obxectivos xerais do 1º Ciclo
Tendo en conta que neste ciclo priorizamos a
adquisición de destrezas instrumentais básicas é necesario resaltar os
seguintes obxectivos:
4.2.1.- Lingua galega e castelá
4.2.2.- Área
de matemáticas
4.2.3.- Área de
coñecemento do medio.
4.3.- Obxectivos xerais do 2º Ciclo de
Primaria
4.3.1.- Introducción
Neste
ciclo de educación primario poñeremos tódolos esforzos necesarios, para que en
tódolos ámbitos, sexa unha etapa agradable e positiva.
Daremos
prioridade á aprendizaxe das capacidades básicas: comprensión e expresión
lecto-escritoras que consideramos os pilares ou portas que levarán ós nosos
individuos ó desenvolvemento de actitudes positivas entre eles e na sociedade.
Trataremos de crear as condicións necesarias para conseguir o desenvolvemento
equilibrado para cada neno e nena.
4.3.2.-
Obxectivo xeral
4.3.3.- Obxectivos.
4.4.- Obxectivos xerais do 3º Ciclo de
Educación Primaria
Durante
o curso 2007-08 os obxectivos xerais a acadar no terceiro ciclo de Ed.Primaria
son os seguintes, por áreas:
Matemáticas
Lengua
Castellana
Coñecemento do medio
·
Localiza-los
principais órganos do corpo humano.
·
Recoñece-las
funcións e procesos dos sistemas locomotor, nervioso-dixestivo, circulatorio,
excretor e reproductor do ser humano.
·
Comportarse
de acordo os hábitos de saúde e hixiene personal.
·
Identifica-los
distintos sectores de producción.
·
Mostrar
unha actitude de rexeitamento ante actuacións que deterioran o medio ambiente.
·
Fomenta-lo
respeto cara a naturaleza.
·
Recoñece-las
características propias dos animais (vertebrados, invertebrados, reproducción,
etc...) e das plantas, e valora-la súa existencia e a relación existente entre
os seres vivos e o seu medio (Ecosistema).
·
Identifica-las
principais fontes de enerxía.
·
Coñecer
as principais características do mundo mineral.
·
Coñece-los
relevo, ríos de Galicia, España e de Europa e a súa relación cos distintos
climas, e coa flora de cada país ou rexión.
·
Interpretar
mapas, planos, gráficos, etc.
·
Coñece-los
principais feitos históricos e súa
cronoloxía.
·
Recoñecer
as culturas clásicas e súa importancia.
·
O
século XX seus principais acontecementos
e súa influencia no noso mundo.
Lingua e literatura galegas
·
Comprender
o sentido de manifestacións orais e escritas.
·
Producir
textos escritos de diferente tipo coa axeitada estructura gramatical dentro do
seu nivel.
·
Empregar
o vocabulario axeitado a cada situación e mostrar interese por aumentalo para
comunicarse en tódolos ámbitos.
·
Distinguir
e utilizar con corrección as distintas categorías gramaticais.
·
Presentar
unha actitude crítica fronte a usos discriminatorios da lingua galega e
asimesmo valorar a presencia do noso bilingüismo.
·
Ler
con fluidez e comprensión utilizando a linguaxe oral e escrita como instrumento
de comprensión.
·
Utilizar
progresivamente a linguaxe oral e escrita como instrumento de actividades de
ensinanza-aprendizaxe en tódalas áreas.
·
Fomenta-lo
uso do Galego en situacións cotidianas e alleas ó entorno da clase.
·
Valorar
a colaboración e participación dos alumnos nos traballos en pequenos grupos.
4.5.- Obxectivos xerais de Ed.Musical
para Infantil e Primaria
OBXECTIVOS XERAIS:
OBXECTIVOS
ESPECÍFICOS:
A) LINGUAXE MUSICAL E RITMO:
B) RITMO E PROSODIA
C) MELODIA E ARMONIA
D) CREATIVIDADE E IMPROVISACIÓN
E) O RITMO A TRAVÉS DO MOVEMENTO E
PSICOMOTRICIDADE
F) AUDICIÓN MUSICAL
G) FORMACIÓN VOCAL E ACTIVIDADE CORAL
H) FORMACIÓN INSTRUMENTAL
I) HISTORIA DA MÚSICA
J) FOLKLORE MUSICAL
4.6.-
Obxectivos xerais de Relixión para Infantil e Primaria
OBJETIVOS ED.INFANTIL (3 e 4 años)
OBJETIVOS ED. INFANTIL (5 años)
OBJETIVOS 1º CURSO
OBJETIVOS
2º CURSO
OBJETIVOS
3º CURSO
OBJETIVOS 4º CURSO
OBJETIVOS 5º CURSO
OBJETIVOS 6º CURSO
4.7.- Obxectivos xerais de Inglés.
OBXECTIVOS
INGLÉS INFANTIL
OBXECTIVOS
XERAIS DE PRIMARIA.
OBXECTIVOS 1º CICLO
OBXECTIVOS 2º CICLO
Comunicación
Oral :
·
Comprender de forma global
mensaxes sinxelas, acompañadas de apoio
visual, gráfico ou mímico, e baseadas nos contidos propios do ciclo.
·
Producir mensaxes orais
sinxelas, baseadas en situacións de clase.
·
Recoñecer os aspectos sonoros,
rítmicos e de entonación específicos do inglés.
·
Utilizar estratexias de
comunicación non verbais ( debuxos, mímica, xestos, etc... ).
·
Usar fórmulas habituais de
interacción social ( saudar, pedir obxectos, ....).
Comunicación
Escrita :
·
Ler de forma comprensiva textos
curtos e sinxelos, adaptados ós contidos do ciclo e previamente traballados de
forma oral.
·
Desenvolver o gusto pola
lectura de sinxelos libros en inglés, relacionados cos temas traballados no
ciclo.
·
Producir textos escritos curtos
e sinxelos, adaptados ós contidos do ciclo, e previamente traballados na clase.
·
Recoñecer a relación entre a
pronuncia e a representación gráfica das palabras.
Compoñente
Sociocultural :
·
Espertar a curiosidade dos
nenos por coñecer algúns aspectos socioculturais, propios dos países
anglosaxóns, relacionados co seu mundo e os seus intereses ( festas costumes,
moedas, bandeiras, deportes, hábitos alimenticios, horarios, ...).
·
Manifestar respecto polas
diferencias socioculturais dos falantes dalingua inglesa.
OBXECTIVOS 3º CICLO
Comunicación
Oral :
·
Comprender textos orais
sinxelos, sobre temas familiares e de interese para o alumno.
·
Producir mensaxes orais breves,
baseados nos contidos propios do ciclo.
·
Identificar e reproducir os
sons e as pautas de ritmo e entonación específicos da lingua inglesa.
·
Utilizar expresións de relación
social axeitadas ó contexto e ó destinatario.
·
Usar con precisión o léxico
referente ós temas traballados na aula.
Comunicación
Escrita :
·
Ler de forma comprensiva textos
breves, adaptados ós contidos do ciclo.
·
Desenvolver o gusto pola
lectura de sinxelos libros en inglés, relacionados cos temas traballados no ciclo.
·
Producir textos escritos
sinxelos, adaptados ós contidos do ciclo ( tarxetas, postais, cartas, ...).
·
Utilizar con precisión o léxico
referente ós temas traballados na aula.
·
Usar expresións de relación
social axeitadas ó contexto e destinatario.
·
Extraer información específica
de textos escritos, de contido cercano ós seus intereses.
Compoñente
Sociocultural :
·
Relacionar a propia experiencia
cos aspectos socioculturais dos países
anglosaxóns.
·
Amosar actitudes respectuosas
polas diferencias socioculturais dos falantes
da lingua inglesa.
4.8.- Obxectivos xerais de E.Física para
Primaria
·
Coñecer e valora-lo seu corpo e a actividade
física como medio de exploración e disfrute das súas posibilidades motrices de
relación cos demais e como recurso para organiza-lo tempo libre.
·
Adoptar
hábitos de hixiene, de alimentación, de posturas e de exercicio físico, manifestando
unha actitude responsable cara ó seu propio corpo e de respecto ós demais,
relacionando estes hábitos cos efectos sobre a saúde.
·
Regular
e dosifica-lo seu esforzo chegando a un nivel de autoesixencia acorde coas súas
posibilidades e a natureza da tarefa que se realiza, utilizando como criterio
fundamental de valoración dito esforzo e non o resultado obtido.
·
Resolver
problemas que esixan o dominio de patróns motrices básicos adecuándose os
estímulos perceptivos e seleccionando os movementos, previa valoración das súas
posibilidades.
·
Utiliza-las
súas capacidades físicas básicas e destrezas motrices e o seu coñecemento da
estructura e funcionamento do corpo para a actividade física e para adapta-lo
movemento ás circunstancias e condicións de cada situación.
·
Participar en xogos e actividades establecendo
relacións equilibradas e constructivas cos demais evitando a discriminación por
características persoais, sexuais e sociais, así como os comportamentos
agresivos e as actitudes de rivalidade nas actividades competitivas.
·
Coñecer
e valora-la diversidade de actividades físicas e deportivas e os contornos nos
que se desenvolven, participando na súa conservación e mellora.
·
Utiliza-los
recursos específicos do corpo e do movemento para comunicar sensacións, ideas e
estados de ánimo e comprender mensaxes deste xeito.
4.8.1.
Primeiro
Ciclo.
O
obxectivo primordial deste ciclo é desenvolver patróns de movemento
básicos eficientes, que sirvan a tódalas tarefas motrices da vida, sendo un
adianto e base dos deportes e doutras actividades motrices que se irán logrando
nos vindeiros anos de escola.
Neste ciclo teremos como obxectivo desenrolar nos alumnos-as
as seguintes capacidades:
·
Explora-las
posibilidades e limitacións de movemento do propio corpo.
·
Afianza-lo
esquema corporal e a discriminación e representación do propio corpo,
identificando as distintas partes en si mesmo e nos demais.
·
Tomar
conciencias das diferentes patés do corpo que están implicadas no movemento.
·
Recoñecer
esquerda e dereita propias.
·
Experimentar
sensacións de equilibrio e desequilibrio en situacións próximas ás habituais tanto en estático como en
movemento.
·
Desenvolver
de xeito global as capacidades físicas e habilidades motrices en situacións de
xogo e nun entorno próximo.
·
Explora-las
posibilidades e limitacións globais do movemento atendendo ós desprazamentos,
saltos e xiros, así como á flexibilidade.
·
Desenrolar
a coordinación dinámico-xeral, mellorar e fundamentar conceptos de dentro-fora,
dereita-esquerda, etc... Apreciar nos desprazamentos a velocidade, as
distancias e o sentido dos mesmos, traballar con estímulos visuais e auditivos
e coñecer as limitacións e aptitudes propias frente ó exercicio simple.
·
Intenta-la
resolución de problemas motrices sinxelos, cambiando condicións das que o
alumno-a sabe facer.
·
Fomenta-la
elaboración de esquemas motores novos ( golpear, tirar, reptar ) e aplicalos xa
coñecidos ( agatuñar, correr, saltar ).
·
Desenvolve-las
capacidades de expresión e de creación a través das formas básicas, polo manexo
do corpo dun modo libre, espontáneo, individual e en grupo.
·
Recoñecer
distintas cualidades de movemento por medio de estímulos rítmicos.
·
Adquirir
hábitos dunha postura correcta e boa.
·
Coñecer
e practica-las normas de aseo persoal e de alimentación.
·
Organizar
e participar en diferentes tipos de xogos e actividades recreativas utilizando
as estratexias de cooperación.
·
Participar
nos xogos que se leven a cabo sen discriminar ós compañeiros, respectando as
normas, aceptando as solucións e
controlando as conductas agresivas.
·
Vivenciar
e recoñece-lo xogo como forma de realiza-la actividade física e como medio de
disfrute, de relación cos demais e de organiza-lo tempo libre.
4.8.2. Segundo Ciclo.
Ó
igual que no 1° ciclo, o obxectivo principal é que desenvolvan patróns de
movemento básicos eficientes que sirvan para todo a vida; pero facendo un uso maior e máis consciente
da forza, así como a coordinación; pero sen chegar a precisións complexas e
finas.
Neste 2° ciclo
teremos como obxectivos acadar nos nosos alumnos-as as seguintes capacidades:
·
Coñece-lo
propio corpo, interiorizando progresivamente o esquema corporal, aceptando as
diferencias do propio corpo respecto ós demais e tomando conciencia das posibilidades e
limitacións do seu movemento.
·
Desenvolve-la
autoestima basándose na valoración das súas posibilidades de movemento e no
esforzo persoal e valora-lo esforzo realizado nas diferentes actividades.
·
Progresar
na relaxación mediante a diferenciación de contracción – descontracción dos
segmentos corporais.
·
Recoñecer
esquerda – dereita dos demais, e orientarse con relación ós obxectos e persoas.
·
Reproducir
estructuras rítmicas coñecidas.
·
Continuar
co desenvolvemento global das capacidades físicas, ampliando o traballo feito
no 1° ciclo, en situacións de xogo.
·
Progresa-lo
control dos movementos en diferentes contornos, utilizando formas de
desprazamento non habituais e adecuándoo á distancia, sentido e velocidade dos
desprazamentos dos demais.
·
Mellora-la
capacidade de resolver problemas motrices.
·
Continuar
asimilando esquemas motores ( rodar, gabear, transportar).
·
Mellora-lo
equilibrio incrementando complexidade, elevando centro de gravidade e
disminuindo base de apoio.
·
Desenvolve-la
capacidade de expresión e creación a través das formas básicas, manexando o
corpo dun xeito libre, espontáneo, intenso, individual e cos compañeiros.
·
Interpretar
por medio do xesto, o movemento e o corpo
a expresión, a representación e a comunicación.
·
Practica-los
hábitos de coidado do corpo ( hixiene diaria, cambio de roupa, calzado, baño ou
ducha ); normas de alimentación
relacionadas coa práctica da actividade física
( tempo de dixestión, alimentos enerxéticos ).
·
Recoñecer
e identificar algúns factores ou prácticas que favorecen o desenvolvemento do
corpo e diferencialas das non saudables ( tabaco, alcohol, drogas ).
·
Usar
medidas de seguridade e prevención de accidentes.
·
Coñecer
e utilizar estratexias básicas de cooperación, oposición e cooperación –
oposición.
·
Coñecer
distintos xogos, súas reglas e as tácticas básicas de ejecución asi como
coñece-los xogos populares e os deportes tradicionais da súa bisbarra,
practica-los e participar activamente na súa conservación.
·
Mellora-la
relación e socialización a través do xogo.
·
Respeta-las
normas dos xogos, coidar do material, e aceptar a dualidade gañar-perder sin
actitudes de enfado ou desprecio ós compañeiros.
4.8.3.
Terceiro
Ciclo.
Continuaremos co desenvolvemento de patróns de
movementos básicos eficientes chegando a máis precisións que no 2° ciclo e
aumentando a complexidade. Así desenrolaremos nos alumnos-as as seguintes capacidades:
·
Coñece-lo
caracter arbitrario das normas e a posibilidade Rede adaptación das mesmas;
acepta-lo papel que corresponde como xogador, evitando a discriminación por
raza, sexo ou idade; controlando as
conductas agresivas.
·
Percibi-lo
corpo como globalidade integrada por un conxunto de partes independentes entre
si, relacionadas en canto o seu movemento.
·
Recoñecer
esquerda – dereita dos demais estando en movemento.
·
Profundizar
na respiración e relaxación muscular tendo un mellor coñecemento dos elementos orgánico – funcionais.
·
Mellorar
desenvolvemento global das capacidades físicas e ampliando as habilidades
motrices ( botes, desprazamentos, recepcións, lanzamentos ), con todo tipo de
móbiles ( balóns, picas, discos
voadores,...),
·
Resolver
problemas motrices, seleccionando estratexias de resolución en función de
diferentes criterios ( orixinalidade, eficacia, ...).
·
Desenvolve-la
capacidade de expresión e da creación a través de formas básicas, polo manexo
do corpo dun xeito libre, espontáneo, intenso, individual e cos compañeiros.
·
Interpretar
espontaneamente e tamén de xeito dirixido, unha danza sinxela popular e
inventada.
·
Practica-los
hábitos do coidado do corpo ( hixiene diaria, baño ou ducha, cambio de
roupa,...), e as normas de alimentación relacionadas coa actividade física.
·
Recoñecer
e identificar algúns factores ou prácticas que favorecen o desenvolvemento do
corpo ( exercicio físico, alimentación equilibrada,...) e diferenciar as non
saudables ( alcohol, tabaco, drogas,...)
·
Practicar
hábitos de traballo presentes na actividade física: quentamento, relaxación,...
·
Comenzar
a utilizar o movemento económico en tódolos aspectos e ser capad de resolver
situacións motrices máis complexas adaptando a súa percepción espacio-temporal.
·
Asustar
as súas cualidades a medios descoñecidos, dominando na súa práctica as
diferentes velocidades e traxectorias dos móviles, e dominando en todo momentoo
seu equilibrio, tanto estático como dinámico.
·
Recoñecer
e vivenciar e valorar os xogos e actividades deportivas como forma de face-la
actividade física, como forma de goce e relación cos demais e do emprego do
tempo libre.
·
Iniciar
actividades de iniciación deportiva tendo en conta un carácter máis
multifuncional e de recreación que de aprendizaxe técnica da disciplina
deportiva
·
Aprender
a coñecer e dominar os segmentos corporais en situacións estáticas e
dinámicas.Aceptar as súas limitacións e as súas posibilidades no marco dun xogo
colectivo.
·
Practicar
deportes alternativos e autóctonos doutros lugares, mantendo o material a
utilizar en bo estado.
·
Utilizar
o noso corpo para expresar sensacións propias, controlando os movementos.
4.9.- Proxecto de traballo do Equipo de
Normalización Lingüística
4.9.1.-
OBXECTIVOS XERAIS
Ø Valorar e estima-la lingua galega,
comprendendo as circunstancias que condicionan o seu uso social.
Ø Emprega-la lingua oral e escrita
como instrumento para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes
de calquera tipo.
Ø Expresarse oralmente e por escrito
con coherencia, correción e creatividade, tendo en conta as súas necesidades de
comunicación.
Ø Facer uso da nosa fala con normalidade en
tódalas situacións comunicativas, respectando as regras básicas.
Ø Coñecer e usar tódolos recursos
expresivos, na comunicación directa con outras persoas.
Ø Fomenta-lo gusto pola lectura en
Lingua Galega, de calquera tipo de texto.
Ø Saber que existen outras linguas
na nosa comunidade, respetalas e ás persoas que as falan.
Ø Utiliza-los medios de comunicación
como fonte de información e de entretemento.
Ø Facer uso da biblioteca escolar
motivándoos para que fagan eles mesmos a súa propia na casa.
Ø Valoración da orixinalidade no uso
da lingua.
Ø Cultivar a tradición popular a
través de lendas, xogos, contos, refráns, oracións, adiviñas...
1.-
Aspectos
xerais de organización e de relación.
1.1.-
Falar "sempre" en galego nas relacións persoais da nosa comunidade
educativa, dentro e fora das aulas, no comedor, nos patios..
1.2.-
Que a lingua galega sexa a "única" empregada na documentación
administrativa e demáis xestións do centro.
1.3.-
Utiliza-lo galego na composición lingüística de biblioteca, na enumeración de
revistas, diarios, xornais..., que cheguen o centro.
2.-
A lingua normativizada no ensino
2.1.-
Usa-lo galego con normalidade en tódalas aulas: Educación Infantil, Primeiro,
Segundo e Terceiro Ciclos de Primaria, e en tódalas materias de uso obrigado.
2.2.-
Supervisar e cumprir co uso da nosa lingua nos traballos, controis e outras
actividades de ensinanza/aprendizaxe ou programacións que afecten a alumnos/as do centro ou a cursos.
2.3.-
Facer unha valoración global da lingua empregada no centro, tendo en conta si
se axusta ós mínimos esixidos pola normativa vixente.
O
Equipo de Normalización Lingüística
coidará que tódolos obxectivos propostos sexan conseguidos pola comunidade
educativa coa colaboración do claustro. Na avaliación terase en conta o uso
correcto da lingua dictado pola normativa.
4.9..3.-
PLAN ESPECÍFICO PARA O ENSINO DA LINGUA GALEGA NO CENTRO.
Lingua e Literatura
·
Acadar
os obxectivos propostos e levar a cabo a programación establecida para este
curso.
·
Coñece-las
particularidades da lingua da bisbarra e seguir valorándoa e respetándoa como
se merece.
·
Elaborar
traballos e unidades didácticas relacionadas cos centros de interese propostos
para este curso polo ENL.
Coñecemento do Medio
·
O
ensino desta materia está totalmente normativizado. Continuaremos nesta línea
programando e facendo actividades, probas de control e avaliacións.
·
Realizaremos
unidades didácticas de temas elixidos e dos contidos de cada ciclo.
·
Traballaremos
xeograficamente cada recuncho desta zona, do concello e da bisbarra.
Outras
áreas
·
As
asignaturas de Relixión e matemáticas, impártense dende algúns anos en lingua
galega, o mesmo ca artísticas.
·
Ampliaremos
vocabulario sobre estas áreas.
·
Facilitarlles
libros de consulta, de lectura, revistas, cadernos, para facer traballos
relacionados con estas áreas.
·
A
elaboración de unidades didácticas e confección de material pedagóxico para
apoiar a estas áreas: inglés, música, plástica, matemáticas, relixión,
educación física.
Teremos
en conta a afectividade, facendo que se sintan orgullosos da súa cultura e da
súa lingua.
4.9.4.- CONTIDOS A TRABALLAR
Continuaremos
na mesma liña doutros cursos traballando todo aquilo que teña tradición e
popularidade, mediante as diferentes actividades e unidades didácticas, na que
participa toda a comunidade educativa, concello e pais e nais.
Traballaremos:
Tamén
se farán actividades e unidades didácticas sobre os temas transversais.
4.9.5. ACTIVIDADES A DESENVOLVER
Para
este vindeiro curso 2006/ 07 propoñemos a realización das seguintes actividades
na que contamos coa participación dos diferentes membros da comunidade
educativa.
Se
ó longo do curso xurde algunha actividade que consideramos de interese ou
positiva para conseguir un desenvolvemento positivo da nosa lingua non
dubidaremos en traballala aínda que non conste nesta programación xeral.
5.1.- Equipo directivo
Por
ser un Centro de 3 unidades de Ed. Primaria e 1 de Ed.Infantil conta con
Director (José Manuel Gómez Chaos) que tamén asume as funcións de Xefe de
Estudios e secretario.
O
plan de actividades do Equipo directivo será dirixir e coordinar esta
Comunidade Educativa, escoitar e tratar de solventar os problemas que poidan
xurdir, animar a todo o profesorado para poder lograr entre todos os obxectivos
plantexados nesta Programación Xeral Anual e tratar de que a convivencia entre
todos os que interveñen na educación dos alumnos deste centro sexa o mais
cordial e agradabale posible.
·
Horario de dedicación ó centro do Director:
Luns
de 9:30 a 10´30
Martes
de 9'30 a 11´30
Mercores
de 9:30 a 10´30
Xoves
de 15:15 a 16:00
Vernes
de 12 a 13
5.2.- Claustro de Profesores
Está
formado por:
·
1 profesora de Ed. Infantil.
·
1 profesores xeneralistas.
·
1 de Inglés.
·
1 de Ed. Musical.
.· 1 de Ed. Física.
.·
1 de PT (itinerante).
·
A profesora de Relixión e P.T. que veñen ó Centro 2 días por semana.
Nunha
das reunións do principio de curso, fíxose a distribución de titorías e
horarios e constituíronse os diferentes equipos e departamentos (queda reflexado
máis adiante).
5.3.- Consello Escolar
A
súa composición é a seguinte:
Presidente:
J.M. Gómez Chaos.
Representantes
dos mestres: Juan Luis Rivero Gallego ,
Goretti Fernández Otero
Representantes
dos pais: Nadín Losada Quintas, e Mª Rosario Sánchez Parga.
Representante do Concello: Francisco
Araújo Cerdeiriña.
Secretario: Juan Luis Rivero Gallego
6.
ORGANIZACIÓN DO PROFESORADO
A
situación actual do profesorado é bastante estable, xa que a mayoría dos
profesores xa estiveron o ano pasado no centro e moitos deles son definitivos.
Incorpórase de novo a profesora de educación infantil como definitiva.
6.1.- Adscripción
A
adscripción do profesorado ás diferentes titorías queda como segue:
o
1ºe
2º : Flora Grande Rodríguez
o
3º,
4º : Juan Luis Rivero Gallego.
o
5ºe 6º: Goretti Fernández Otero
6.2.- Acción titorial
A
sección titorial levarase a cabo baixo os seguintes aspectos:
v Coñecemento das características
persoais do neno.
v Orientación directa e inmediata.
v Información ós pais da evolución
personal do alumno e coordinación da relación Centro-Familia.
v Segui-la marcha educativa dos
alumnos e informar ó Equipo Docente dos casos problemáticos e específicos.
v Cumplimenta-la documentación
oficial de avaliación dos alumnos ó seu cargo.
v Considerase fundamental o contacto
pais-titor polo que se establece o horario de titorias expreso no calendario de
reunións.
6.3.- Biblioteca e medios audiovisuais
Cada
profesor será responsable destas instalacións e responsabilizase delas, xunto
cos alumnos que leve, no intre da sua utilización.
6.4.- Quendas de vixiancias
Tanto
os recreos da mañán como o recreo de mediodía correspondente ó comedor, serán atendidos
por dous profesores que farán as vixiancias de forma rotativa. No taboleiro de
anuncios da sá de profesores están expostas as quendas de cada mes, do recreo
da mañá. As do recreo do mediodía expóñense na porta do comedor.
6.5.- Sustitucións curtas
Para
cubrir este tipo de situacións contarase coas horas de adicación ó Centro de
cada profesor que estan expostas no taboeiro da sá de profesores de tal xeito
que ningunha hora quede sin apoio.
7.
ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE
7.1.- Equipo de educación infantil
+ 1º Ciclo
Coordinadora: Flora Grande
Rodríguez
Outros compoñentes: Tódolos profesores que imparten clases neste ciclo.
7.2.- Equipo de 2º Ciclo +3º Ciclo
Coordinador: Mª Goretti Fernández
Otero
Outros compoñentes: Todos os
profesores que imparten clases neste ciclo.
7.5.-Departamento
de Actividades Complementarias e Extraescolares
Coordinadora: María Fernández
Ferrón.
Outros compoñentes: Todo o
Claustro de profesores.
7.6.- Equipo de Normalización
Lingüística
Coordinadora:.Juan Luis Rivero
Gallego
Outros compoñentes: Todos os profesores do centro
7.7.- Funcións dos equipos
docentes
A
coordinación horizontal do proceso educativo levarana a cabo tódolos profesores
dun mesmo ciclo constituindose en equipo docentes e coas seguintes funcións:
8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E
EXTRAESCOLARES
8.1.- Programadas polo profesorado
8.1.1.-
REUNIÓNS
O
Xefe de Equipo de actividades complementarias e extraescolares reunirase cos
colaboradores o escomeza-lo curso, unha vez por Trimestre e o remata-lo curso,
e sempre que a propia actividade o requira.
8.1.2.- PLAN DE TRABALLO
8.1..3.- ACTIVIDADES
Ø
1º Trimeste:
§
"O Magosto", na primeira quincena de
novembro, con saída a algún sitio cercano.
§
Día do Mestre: 28 de novembro.
§
Do
4 ao 15 de decembro: conmemoración da Costitución e do Estatuto de autonomía de
Galicia.
§
10 de Decembro: Día da "Declaración
Universal dos Dereitos Humanos".
§
Do 5 ó 16 de decembro: conmemoración da Constitución
e do Estatuto de Autonomía de Galicia, con actividades nas aulas destinadas ó coñecemento da
Constitución e do Estatuto.
§
"Nadal", o último día de clases de
decembro, con representacións teatrais, panxoliñas, recitado de poesías...
Participarán tódolos cursos. Terá lugar no salón de actos do Concello.
Ø
2º Trimestre:
§
"Día
da paz", o 30 de xaneiro. Actividades nas aulas, redaccións, murais,
cartas, debuxos, ...
§
"Entroido",
o venres anterior á celebración. Faranse disfraces nas distintas aulas e como
tódolos anos, un desfile polo pobo no que colaborará a ANPA poñéndolle música e
desfilando con nós.
§
"Día
Internacional da muller traballadora", 8 de marzo, con traballos nas
aulas.
§
"Día
Mundial dos dereitos do consumidor", 15 de marzo. Fáranse traballos a
nivel de titoría.
§
"Semana
da prensa", do 12 ó 16 de marzo. Fáranse actividades encamiñadas ó
coñecemento dos periódicos.
§
"Día
do libro", entre o 10 e o 30 de abril, con actividades a nivel de aula.
§
"Día
Mundial da Saúde". Falarase na clase de hábitos saudables e alimentación
sana, de maneira especial o día 7 de abril.
Ø
3º Trimestre:
§
"Día
de Europa", 9 de maio. Tratarase a importancia da Comunidade Europea e
falarase de por qué desta unión de paises.
§
"Semana
Das Letras Galegas" do 7 ó 18 de maio. Faranse nas aulas distintas
actividades ó longo da semana, rematando coa celebración do Día das Letras
Galegas. Si é posible, faranse representacións teatrais, poesías, cantos e
traballarase dando a coñecer a vida e obra do escritor homenaxeado. En
colaboración co equipo de Normalización Lingüística trataremos de sacar para esta data un periódico escolar.
Farase un festival no que de novo, colaborará a ANPA do centro con diversas
actuacións.
§
"Día
Mundial do Medio Ambiente", 5 de xuño. Por ser un dos obxectivos xerais do
Centro, traballarase ó longo do curso, a través de diferentes actividades.
Ø
Saídas:
Farase
a excursión de fin de curso para todo o colexio e cantas saídas xurdan ó longo
do curso e sexa posible levalas a cabo.
Son
concebidas pola especial importancia que teñen no proceso formativo do
alumno/a, de forma que propicien o contacto con realidades, a miúdo,
descoñecidas para o mesmo e faciliten a inserción da escola na sociedade e
viceversa. Estas saídas requerirán en todo caso, autorización previa dos pais
ou dos titores legais dos alumnos/as, e serán realizadas dacordo co disposto no
Decreto 374/96, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das
escolas de Ed.Infantil e dos Colexios de Ed.Primaria e na Orde do 22 de xullo
de 1997 que o desenrola.
Estas
saídas, normalmente dunha soa xornada e durante o horario escolar, son
difícilmente programables a principios de curso. Para evitar reunións múltiples
do Consello Escolar do Centro, o claustro propón a aprobación das mesmas xa
desde este intre previa comunicación destas a tódolos/as pais, nais titores ou
titores dos alumnos, na que se lles informe o motivo, datas, lugar e horario
das mesmas.
Poderán
celebrarse outras actividades complementarias e extraescolares, títeres,
festivais, subvencionadas por outros organismos, Concello, que tódolos anos se
desenvolven, pero que neste momento tampouco poden ser fixadas.
En
colaboración con Protección Civil
desenrolaranse, si fora posible, actividades de campo programadas en conxunto.
8.2.- Programadas pola A.P.A.
|
DÍA |
HORA |
ACTIVIDADE |
|
Luns |
16:00-18:00 |
Manualidades |
|
Mércores |
16:00-18:00 |
Ludoteca |
|
Venres |
16:00-19:00 |
Sendeirismo |
|
Sábados |
16:00-17:00 |
Baile tradicional gal |
9.1. Xornada escolar
Na
xornada única, impartiranse clases de 9:15 a 13:15.
Na
xornada completa o horario será de 9:30 a 13
e de 14:30 a 16.
9.2.- Exclusiva
Farase
os martes de 16 a 18.
Aproveitaranse
estas horas para reunións de Claustro, Consello Escolar, reunión de equipos. Os
horarios destas reunións figuran ó final desta Programación Xeral Anual.
9.3.- Horario escolar dos diferentes
cursos
Para
este curso contamos 3 unidades de
Primaria polo que hai que xuntar máis cursos que en anos anteriores.
Quedan
nunha soa aula o primeiro ciclo completo por contar con 4 nenos de 1º curso e 3 de 2º curso, con un total de
7 alumnos no ciclo.
Xuntouse
tamén 3º e 4º, con un total de 7 alumnos. Permanecerán xuntos en tódalas áreas.
Decidíuse agrupar os alumnos de 1º
e 2º ciclo na área de Educación Física, para poder facer agrupamentos que
permitan conquerilos obxectivos da área.
|
HORARIO DE INFANTIL |
|||||
|
CURSO |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
|
RELIXIÓN |
ÁREA DE COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN |
APOIO MATEMÁTICAS |
ÁREA DE COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN |
ÁREA DE COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN |
|
|
ÁREA COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN |
ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA |
ÁREA DE COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN |
ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA |
ÁREA DE COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN |
|
Recreo |
|
|
|
|
|
|
|
ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA |
ÁREA MEDIO FÍSICO E SOCIAL |
ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA |
ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA |
ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA |
|
Comida |
|
|
|
|
|
|
|
ÁREA MEDIO FÍSICO E SOCIAL |
ÁREA DE IDENTIDAE E AUTONOMÍA |
ÁREA MEDIO FÍSICO E SOCIAL |
ÁREA MEDIO FÍSICO E SOCIAL |
MÚSICA INFANTIL |
|
|
ED.
FÍSICA |
INGLÉS |
ÁREA
MEDIO FÍSICO E SOCIAL |
ED. FÍSICA |
ÁREA MEDIO FÍSICO E SOCIAL |
|
HORARIO DE 1º,2º |
|||||
|
CURSO 1º,2º |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
|
MATEMÁTICAS |
LENGUA |
MATEMÁTICAS |
MATEMÁTICAS |
GALEGO |
|
|
LENGUA |
RELIXIÓN |
GALEGO |
LENGUA |
MATEMÁTICAS |
|
Recreo |
|
|
|
|
|
|
|
RELIXIÓN |
COÑECEMENTO |
LENGUA |
GALEGO |
COÑECEMENTO |
|
Comida |
|
|
|
|
|
|
|
COÑECEMENTO |
MATEMÁTICAS |
COÑECEMENTO |
MÚSICA |
INGLÉS |
|
|
ED. FÍSICA |
GALEGO |
INGLÉS |
ED. FÍSICA |
PLÁSTICA |
|
HORARIO DE 3º, 4º DE
PRIMARIA |
|||||
|
CURSO 3º , 4º |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
|
MATEMÁTICAS |
RELIXIÓN |
COÑECEMENTO |
GALEGO (JM) |
LENGUA |
|
|
INGLÉS |
MÚSICA |
INGLÉS |
COÑECEMENTO |
GALEGO |
|
Recreo |
|
|
|
|
|
|
|
GALEGO |
COÑECEMENTO |
ED. FÍSICA |
PLÁSTICA |
ED. FÍSICA |
|
Comida |
|
|
|
|
|
|
|
COÑECEMENTO |
LENGUA |
GALEGO |
MATEMÁTICAS |
MATEMÁTICAS |
|
|
RELIXIÓN |
MATEMÁTICAS |
LENGUA |
INGLÉS |
LENGUA (JM) |
|
HORARIO DE 5º, 6º DE
PRIMARIA |
|||||
|
CURSO 5º ,6º |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
|
GALEGO |
MATEMÁTICAS |
INGLÉS |
INGLÉS |
MATEMÁTICAS |
|
|
MATEMÁTICAS |
GALEGO |
COÑECEMENTO |
COÑECEMENTO |
LENGUA |
|
Recreo |
|
|
|
|
|
|
|
LENGUA |
RELIXIÓN |
E. FÍSICA |
GALEGO |
E.FÍSICA |
|
Comida |
|
|
|
|
|
|
|
RELIXIÓN |
LENGUA |
LENGUA |
PLÁSTICA |
COÑECEMENTO |
|
|
INGLÉS |
COÑECEMENTO |
MÚSICA |
MATEMÁTICAS |
GALEGO |
Educación Primaria
A
avaliación correrá a cárrego do titor correspondente en coordinación cos demáis
profesores que imparten materias no mesmo ciclo.
O
proceso de avaliación será continuo e formativo e constará de:
Cada
profesor programará en función dos resultados obtidos en cada avaliación, ou
logo de cada unidade didáctica:
10.1.- Avaliación do proceso da
aprendizaxe
Practicarase
da seguinte maneira:
·
Individualizada:
céntrase na evolución, e situación inicial do neno/a.
·
Integradora:
existencia de distintos grupos e flexibilidade na aplicación dos criterios de
avaliación.
·
Cualitativa: equilibrio dos diversos niveis de desenrolo
do neno.
·
Orientadora:
da información para mellorar o aprendizaxe.
·
Continua:
Hai 3 modalidades.
§
Av.
Inicial: Informa sobre os coñecementos previos e características personales.
§
Av.
Formativa: visión das dificultades e progresos.
§
Av.
Sumativa: establecer resultados e consecución dos obxectivos.
Tamén
se contempla a autoavaliación e coavaliación que implique os alumnos no
proceso.
Instrumentos
da avaliación da aprendizaxe
Oficiais:
Informes de avaliación individualizados, o expediente académico, libro de
escolaridade e actas de avaliación.
Do
profesor ou equipo: escalas de valoración e listas de control.
Procedementos
10.2.- Avaliación da ensinanza e a
práctica docente
Algúns
aspectos que se atenderán serán os seguintes:
a.-
Organización e coordinación do equipo docente.
b.-
Planificación de tarefas. Distribución de medios e tempos.
c.- Ambiente de traballo e participación.
Clima de consenso e implicación dos membros. Relación e implicación dos pais.
Relación entre os nenos/as, e entre éstos e os profesores.
Tamén
se avaliarán os seguintes indicadores:
Procedementos e instrumentos
Reunións
11.
MEDIOS PARA LEVAR A CABO O PROCESO EDUCATIVO
11.1.- Obxectivos específicos
Os
obxectivos específicos, determinados nas programacións con anterioridade, terán
como finalidade a consecución dos obxectivos xerais tendo en conta o nivel
consonte as pautas determinadas por Departamentos e Equipos Docentes.
11.2.- Obxectivos operativos
Estarán
encamiñados á adquisición de técnicas instrumentais de traballo que lle
permitan ó alumno a asimilación e consolidación dos diferentes hábitos e
técnicas de aprendizaxe, estudio e traballo persoal.
Análise
e síntese, investigación, selección, elaboración e interpretación de datos,
capacidade de elocución, de dominio técnico, valoración e autocrítica,
observación e capacidade de planificación e creación.
11.3.- Técnicas de traballo
Interpretación
de signos, suliñado, esquemas, confección de murais e xornais, toma de notas e
apuntes, confección de ficheiros; documentación, entrevistas; resúmenes;
diálogos e monólogos; redaccións; descripcións; comunicacións; interpretacións;
elaboracións de gráficos e escalas.
11.4.- Elementos materiais
Ó alcance do alumno:
Aulas,
dependencias complementarias, mobiliario, libros de texto, Centro de Recursos,
audiovisuais, laboratorio, bibliotecas (de Centro e de Aula), aula de
psicomotricidade, de música, de inglés, conmemoracións, viaxes, excursións, festas
culturais.
Ø
Libros de texto para o curso
2006-7
EDUCACIÓN
INFANTIL:
Fichas en galego da EDITORIAL
RODEIRA – EDEBE, última edición.
Libro
de relixión “Proyecto Estrellas” Editorial bruño (para 5 anos)
PRIMEIRO
CURSO DE E. PRIMARIA:
-
MATEMÁTICAS
(en galego) ................................
ANAYA
-
COÑEC.
DO MEDIO (en galego) .........................
ANAYA
-
LENGUA
ESPAÑOLA .......................................... ANAYA
-
LECTURAS:
TOC,TOC,ABREME, 1 ......................
ANAYA
-
LINGUA
GALEGA ................................................ ANAYA
-
RELIXIÓN
(en galego) .......................................... RODEIRA-EDEBE
-
MÚSICA,1
(en galego)........................................... MARFIL
SEGUNDO
CURSO DE E. PRIMARIA:
-
MATEMÁTICAS
(en galego) ...............................
ANAYA
-
COÑEC.
DO MEDIO (en galego) .........................
ANAYA
-
LENGUA
ESPAÑOLA .......................................... ANAYA
-
LECTURAS:
TOC,TOC,ABREME, 2 .....................
ANAYA
-
LINGUA
GALEGA ............................................... ANAYA
-
RELIXIÓN
(en galego) ......................................... RODEIRA-EDEBE
-
MÚSICA,
2 (en galego)......................................... MARFIL
TERCEIRO
CURSO DE E. PRIMARIA:
-
LENGUA
................................................... ANAYA ( Deja Huella)
-
MATEMÁTICAS
(en galego) .................... ANAYA ( Deixa marca)
-
COÑECEMENTO
DO MEDIO (GALICIA) .. ANAYA (Deixa marca)
-
LINGUA
GALEGA ...................................
ANAYA (Deixa marca)
-
INGLÉS: BUGS 3 HEINEMANN (PUPILS BOOK+ACTIVITY BOOK)
-
RELIXIÓN
( EN GALEGO) ...................... RUAN RODEIRA
-
MÚSICA
3 (en galego)................................ ANAYA
CUARTO
CURSO DE E. PRIMARIA:
-
LENGUA
...................................................
ANAYA ( Deja Huella)
-
MATEMÁTICAS
(en galego) ...................... ANAYA ( Deixa marca)
-
COÑECEMENTO
DO MEDIO (GALICIA) .. ANAYA (Deixa marca)
-
LECTURAS,4:
TOC, TOC, felicidades ...... ANAYA
(Deixa marca)
-
LINGUA
GALEGA .....................................
ANAYA (Deixa marca)
-
INGLÉS: BUGS 4 HEINEMANN (PUPILS BOOK+ACTIVITY BOOK)
-
RELIXIÓN
( EN GALEGO) ...................... RUAN RODEIRA
-
MÚSICA,
4 (en galego)............................
ANAYA
QUINTO
CURSO DE E. PRIMARIA:
-
LENGUA
.................................................... ANAYA(Serie la tira
de colores)
-
MATEMÁTICAS
(en galego)..................... ANAYA
(Serie a tira de cores)
-
COÑECEMENTO
DO MEDIO (GALICIA).... ANAYA (Serie a tira de cores)
-
LINGUA
GALEGA ............................... ...
ANAYA (Serie a tira de cores)
-
INGLÉS:
WONDERWORLD 1............. .... HEINEMAN
-
RELIXIÓN
( EN GALEGO) ........................... RODEIRA – EDEBE
-
MÚSICA,5
(en galego).................................. MARFIL
SEXTO
CURSO DE E. PRIMARIA:
-
LENGUA
..................................................... ANAYA (Serie a
tira de cores)
-
MATEMÁTICAS
(en galego)....................... ANAYA (Serie a tira de cores)
-
COÑECEMENTO
DO MEDIO (GALICIA)..... ANAYA (Serie a tira de cores)
-
LINGUA
GALEGA ....................................
ANAYA (Serie a tira de cores)
-
INGLÉS:
WONDERWORLD 2...................
HEINEMAN
-
RELIXIÓN
( EN GALEGO) ....................... RODEIRA – EDEBE
-
MÚSICA,
6 (en galego).......................... .... MARFIL
Ó alcance do profesor:
O
docente dispón, ademáis dos reseñados libros de texto, bibliografía axeitada
para desenrola-lo seu plan de traballo.
11.5.- Elementos humáns
11.5.1.-
Alumnos
Asisten
ó grupo escolar un total de 35 alumnos.
Infantil
__________ 11 alumnos
Primaria
1º.C _____ 7 alumnos
2º.C_____ 6 alumnos
3º.C_____ 11 alumnos
11.5.2.-
Profesores
5
a tempo completo e 2 compartido. A mestra de Relixión con Bartar e Baños de Molgas, e a mestra de P.T. co
C.E.I.P. Princesa de Verín
12.
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
v Asistir con puntualidade ás
clases. Nunca despois dos 5 minutos seguintes á toca-lo timbre. (Sin
xustificación).
v A entrada farase por orden, en
fila por cursos, en silencio (sin griterío nin carreiras).
v Nos cambios de clases non se sairá
da aula sin autorización do mestre, nin se levantarán do seu sitio.
v Nos recreos as normas de entrada e
saída serán as mesmas.
v Nas saídas os nenos sairán despois
de toca-lo timbre, igual que nas entradas, en orden, en fila e en silencio (sin
carreiras nin griterío).
v Ningún alumno poderá permanecer na
clase nos recreos sin a autorización do mestre.
v Pola tarde non está permitida a
entrada no recinto escolar ata cinco minutos antes de toca-lo timbre. A entrada
e saída será do mesmo xeito que pola mañá.
v Non se permite a entrada no
recinto escolar con obxectos perigosos (punzantes, tiracoias, petardos...).
v As visitas dos pais só se poderán
facer durante o recreo de entre a mediodía e a tarde e na hora de titoría.
v Tanto o material como o mobiliario
e as instalacións escolares coidaranse e utilizaranse de xeito correcto.
v Respetaranse as pertenzas dos
demais.
v Mostrarase o debido respeto e
consideración a tódolos profesores, persoal non docente e demáis compañeiros.
v Asistir diariamente limpos e
aseados (na roupa e no corpo).
v Non se permitirá a asistencia a
clases ata que desaparezca o perigo de contaxio no caso de detectarse
parásitos, do que se avisará ós pais.
Elaborado en colaboración con
Protección Civil.
|
Calendario de reunións |
Setembro |
Outubro |
Novembro |
Decembro |
Xaneiro |
Febreiro |
Marzo |
Abril |
Maio |
Xuño |
||
|
Consello Escolar |
Día 27 Hora 11:30 |
|
|
|
Día 19 Hora 16 |
|
|
|
|
Día 21 Hora 11 |
||
|
Claustro de Profesores |
Día 8 Hora 10 |
Día 6 Hora 16 |
Día 10 Hora 16 |
Día 5 Hora 16 |
Día 12 Hora 16 |
Día 9 Hora 16 |
Día 9 Hora 16 |
Día 10 Hora 16 |
Día 11 Hora 16 |
Día 4 Hora 11 |
||
|
Normalización Lingüística |
Martes, antes do día 10 de
cada mes |
|||||||||||
|
Actividades Complement.e extraescolares |
Ó principio de cada trimestre
+ 2 extraordinarios a principio e final de curso |
|||||||||||
|
Equipos docentes |
PRI MA RIA |
1º.C |
Traballo en equipo constante |
|||||||||
|
2º.C |
1º e 3º martes de cada mes, de
16 a 17 horas |
|||||||||||
|
3º.C |
2º e 4º martes de cada mes, de 16 a 17 horas |
|||||||||||
|
Avaliación |
|
|
|
Día 20 |
|
|
Día 28 |
|
|
Día 20 |
||
|
Pais |
Martes de 17 a 18 horas |
|||||||||||