SECCIÓNS

CELEBRACIÓNS

SUMARIO

 

 Magosto 2003

O Magosto está a chegar. É unha das festas que máis nos gusta. Traguemos castañas para asar e leña para facer unha fogueira.

Mentres uns mestres e o conserxe fan a fogueira e asan as castañas nunha parrilla nós xogamos cos xogos que máis nos gustan: carrilanas, zancos, aros, birlos, carreiras de sacos e algún outro con castañas.

Cando as castañas están asadas chámannos e imos como foguetes xa que despóis de tanta troula temos unha fame de lobos. As castañas repártennolas nuns caparuchos de papel de xornal que fixemos en plástica e para que baixen mellor a APA invítannos a uns refrescos.

Ás veces sucede algún incidente porque hai algúns guerrilleiros que arman unha guerra de castañazos. Os profesores poñen orde e todo volve á normalidade.

Cando rematamos de comer as castañas e de toma-las bebidas xa é hora de irmos para a casa. O banquete estivo ben e partimos contentos e fartos e cos petos cheos de castañas para levar a proba ós da casa.

José Andrés de 6º

 Magosto 2003
 A castañoca
 Magosto para todos

A Voz das Dunas dixital

© Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Olveira - A Igrexa s/n - 15969 RIBEIRA (A CORUÑA)