|
O que podes facer para ser ecoloxista
Todo isto podes face-lo ti
para ser ecoloxista:
1.Compra
libretas, libros ou cousas feitas con papel reciclado.
2.No
cole utiliza ceras para pintar fabricadas con cera de abella, non utilices as
que están feitas de petróleo. Utiliza tamén as acuarelas naturais
(feitas con pigmentos
vexetais e minerais) ou polo menos pinturas disoltas en
auga, recorda que os materiais que usamos para pintar están feitos cos
tesouros da Terra. Divírtete con eles pero fai o posible por non
desperdicialos.
3.Trata
de evita-los obxectos de poliestereno (tamén chamado corcho branco) como
as bandexas para os fiames que dan nos supermercados, os platos e vasos de pic-nic
e tamén as oveiras que non sexan de cartón.
4.Podes
donar os teus xogos e xoguetes vellos ós hospitais e a outros lugares onde
os nenos non teñan con que xogar.
5.Utiliza
as papeleiras e contenedores para botar o lixo, o vidro, o papel e mai-las
pilas.
6.Cando
laves os dentes: enxauga a boca e cerra o grifo; logo volve a abrilo para
volver a enxaugar Aforrarás moitos litros de auga.
7.Para
secarte na cociña non utilices papel utiliza mellor os trapos de tea.
8.Si
tes que regar o teu xardín rega moi de mañá ou ó caer da tarde, cando a
auga tarda máis en evaporarse.
9.Cando
saias a camiñar ou a merendar ó aire libre cos teus amigos ou a túa
familia, leva bolsas para bota-la vasura porque recorda que
moitos animais se cortan a lingua coas latas medio abertas, e os esquíos
tratando de coller a comida
que sobre, menten a cabeza nos recipientes de plástico e poden morrer.
10.Cando
merques botes de refrescos, non tires os aros de plástico que veñen
suxetando as latas; corta cada un deles antes de tiralo, así non constituirán
ningun perigo para os animais, os peixes e as gaivotas.
Isabel Rial Bretal
4º
|