SECCIÓNS

NOVAS

SUMARIO

 

Chega o Magosto 

Como xa sabedes, o Magosto está ás portas das nosas casas. A xente xa recolle castañas dos soutos para que logo as poidamos comer.

Os rapaces e rapazas dos colexio celebramos esta festa asando castañas, xogando coas carrilanas, cos zancos e con outros xogos que recuperamos nestes derradeiros anos.

Para poder come-las castañas facemos cucuruchos de papel que logo adornamos.

O que tamén adoitamos facer e sementar castañas en testos para logo plantar as que nacen no patio. O cabo duns anos apañaremo-las castañas do noso souto para asalas nunha fogueira que nos quente e nos alumee.

Vaite preparando que xa queda pouca para a gran celebración.

Elvira Blanco de 6º

Chega o Magosto
Unha fonte no patio
Un muro en mal estado

A Voz das Dunas dixital

© Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Olveira - A Igrexa s/n - 15969 RIBEIRA (A CORUÑA)