Biblioteca Castelao

 

 

 

 

   
 

UN NOVO CURSO, NOVAS AVENTURAS

 

                

   

"HORA DE LER"

   
Neste novo curso imos ter unha sesión de  de 15 minutos (de 12:05 a 12:20), de lectura en silencio. Nesta sesión tanto o alumnado como o profesorado poderán ler o que desexen: poden ler libros, prensa, revistas, ... (controlando o contido dos mesmos). Poden traelos da súa casa, intercambialos cos compañeiros e compañeiras, collelos na biblioteca de aula ou do cole. Para os máis pequenos e pequenas do cole (E. Infantil e 1º) poderá ser unha lectura dirixida

 

       

SETEMBRO

                                                            

Con motivo da inauguración da campaña "OES EU LEO", o noso centro foi seleccionado para presentala na nosa biblioteca.

   
   

OUTUBRO

Inauguramos a nosa Biblioteca para comenzar as aventuras deste novo curso o día 25 de outubro, coincidindo co Día Internacional da Biblioteca Escolar,  con moitas sorpresas.

O noso lema para este novo curso é:

"SEMENTAMOS LIBROS, RECOLLEMOS LECTORES"

Tamén estivemos presentes nos III Encontros de Bibliotecas Escolares

 

       
   

NOVEMBRO / DECEMBRO

Coñecemos un pouco máis da vida e obra de Miguel Hernández co gallo da celebración do seu centenario.

 

   

 

 

     

XANEIRO

Neste mes de xaneiro na nosa biblioteca a demais de poder LER EN REBAIXAS tivemos unha EXPOSICIÓN DE LIBROS CURIOSOS

   

FEBREIRO

Un a no maís e un novo CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

       
   

MARZO

Neste mes moitas actividades xurdiron da nosa biblioteca:

 as ORDES DO MECO fan unha homenaxe a natureza.

O 8 de marzo fixemos unha exposición de libros homenaxe á MULLER TRABALLADORA.

Na SEMANA DA PRENSA recollemos novas sobre a natureza.

O 21 de marzo chegou a PRIMAVERA e co ela o DÍA DA POESÍA "Cada día, de agasallo, unha posía".

       
   

ABRIL

 

O 7 de abril visitounos  ABRAHAM CARREIRO para animar á lectura ao alumnado de 4 anos.

O 4 de abril visitounos RIVADULLA CORCÓN por xentileza de Consorcio Editorial para facer unha sesión de animación á lectura ao alumnado de 2º e 4º.

O 8 de abril visitounos  ANA CARREIRA por xentileza da Editorial Galaxia para animar á lectura ao alumnado de 3º e 6º.

 

 

 

       
   

MAIO

Fíxose unha  EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS aportados polo alumnado.

O 4 de maio visitounos MARIO TOMÁS por xentileza de Consorcio Editorial para facer unha sesión de animación á lectura ao alumnado de 4º.

O 10 de maio tivemos a actividade  FESTAS CÍCLICAS organizada polo Concello de Vigo.

O día 12 de maio visitounos BENXAMÍN NOVOA para animar á lectura ao alumnado de 5º.

Na semana das LETRAS GALEGAS fíxose unha exposición de libros de Lois Pereiro e das Letras Galegas.

O 26 de maio tivemos a actividade  TALLER DE EXPRESIÓN ESCRITA para o alumnado de 6º organizada pola editorial Kalandraka.

O 27 de maio celebramos o  X CUMPREANOS DA BIBLIOTECA CASTELAO organizando a actividade de PADRIÑOS LECTORES.

 

 

       
       
       
 

Arriba