aprende sociales

Artigo 3.    Duración do curso académico

    1. O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2016 ata o 31 de agosto de 2017.
  1. Nos primeiros días do mes de setembro, e ata o día 6 como máximo, realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2015/16 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional básica.
  1. As sesións de avaliación e a entrega de cualificacións da devandita convocatoria extraordinaria poderán realizarse ata o día 8 de setembro incluído.

 

  1. Sen prexuízo do establecido no artigo 10 desta orde, nos días en que se celebren as probas extraordinarias será de aplicación o punto 107 das instrucións aprobadas pola Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento, e o punto 127 das instru- cións aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999 polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias. Para tal fin, as direccións dos centros elabo- rarán o correspondente horario de gardas.

Artigo 5.    Actividades lectivas

  1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos.

 

  1. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación final de bacharelato establecida no artigo 36 bis da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada parcialmente pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e ava- liacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.

 

Artigo 6.    Períodos de vacacións

  1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.
  2. Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.
  3. Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.


    7.    Días non lectivos
    1. Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local pu- blicadas por resolución da devandita consellería.

 

3.

  1. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refire o punto anterior non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 27 de outubro de 2016 perante a xefatura territo- rial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que, logo de informe da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda.

    É recomendable que os centros da mesma localidade elixan, de ser o caso, os mesmos días non lectivos, para o cal se buscará o consenso entre todos os centros para a súa selección.


 

 

  1. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.3 e co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa con- sideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2016/17 se celebrará o 31 de outubro de 2016.

 

Artigo 8.    Conmemoracións

  1. Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

 

  1. 20 de novembro de 2016: Día Universal da Infancia.
  1. 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

  1. Do 1 ao 11 de decembro de 2016: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
  1. 10 de decembro de 2016: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

 

  1. 30 de xaneiro de 2017: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
  1. 8 de marzo de 2017: Día Internacional da Muller.

 

  1. 15 de marzo de 2017: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  1. Do 6 ao 10 de marzo de 2017: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.

 

  1. 7 de abril de 2017: Día Mundial da Saúde.
  1. Entre o 17 e o 21 de abril de 2017: Semana do Libro.

 

  1. 9 de maio de 2017: Día de Europa.
  1. Do 9 ao 17 de maio de 2017: Semana das Letras Galegas.
  2. – 5 de xuño de 2017: Día Mundial do Medio Ambiente.
  1. De conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a di- versidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.

 

  1. Cando algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domin- go, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración celebrarase o día lectivo inmediata- mente anterior ou posterior, segundo estableza a programación xeral anual de cada centro.
  1. As datas a que se refiren os puntos 1 e 2 son lectivas para todos os efectos e nelas os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a salientar a importancia das conmemoracións mencionadas.


Colexio

o colexio

 

calendario escolar

 

material escolar

 

situación

 

 

HORARIO: Mañás de 9.20 a 12.50 // Tardes de 14.00 a 15.30 // Recreo de 11.20 a 11.50 // Comedor de 12.50 a 14.00 //