|
|
Neste curso que comenza, o equipo directivo, todo o profesorado e demais persoal do centro, desexamos manter con todos vostedes un clima de cordialidade e diálogo. Coa participación das familias, acadaremos unha mellor educación para os nenos e nenas e solucionaremos as dúbidas e problemas que poidan xurdir. Está integrado por: Directora: Sara Lavandeira García. Xefatura de Estudos: Mª.Elisa Díez Díez. Secretaria: Mª. Dolores Domínguez Salgado. HORARIO. De setembro a xuño : das 9:00 ás 14 horas. VACACIÓNS. Día do ensino: 31 de outubro de 2011 De Nadal: do 22 de decembro
de 2011 ao 8 de xaneiro de 2012 De entroido: 20,21 e 22 de febreiro de 2012 De Semana Santa: do 2 ao 9 de abril, de 2012 ambos os dous inclusive. Non lectivo: 18 de maio de 2012.
Á atención as familias será das 17:00 ás 18:00 horas. Os luns. É moi importante que os pais e nais soliciten con antelación a data para fixar a visita. Deste xeito a tutora conseguirá información do profesorado especialista sobre a evoluciòn do alumno/a. O centro dispón dun departamento de Orientación que presta atención individualizada ós alumnos que o precisen. As familias que desexen contactar coa Orientadora deberán chamar ó número de teléfono do Colexio para concertar entrevista. O Colexio oferta para as tardes de luns a venres LUDITARDE das 16:00 ás 18:00 horas que organiza o Concello en colaboración coa federación de APAS e que engloba unha serie de propostas lúdicas e formativas atendidas por monitores debidamente cualificados. Xestionado pola Federación de APAS (www.apa-ramondelasagra.es), o centro dispón de comedor. A comida é servida por unha empresa de catering e o comedor está atendido polos monitores de LUDITARDE. Directora: De luns a venres de 12.00 as 13,00 h. Xefa de Estudos: De luns a venres de 9,00 as 9,50 h. Secretaria: De martes a venres das 13:10 ás 14:00 h.
|