C.E.I.P. RAMÓN de la SAGRA

INICIO

BENVIDA

IDENTIDADE

ED.INFANTIL

 ED.PRIMARIA

BIBLIOTECA

ACTIVIDADES

PAX. INTERES

INSTALACIÓNS

NOTICIAS

 

NOTAS DE IDENTIDADE


· Pretendemos que o noso Centro sexa un centro aberto. Fomentamos a relación dos nosos alumnos co seu entorno cultural, natural e social.

· Manifestamos a nosa disposición a aceptar cantas colaboracións nos poidan ser ofertadas, que redunden na mellora da educación dos nosos alumnos.

· Estamos convencidos do importante papel do hábito da lectura como instrumento imprescindible para a formación persoal. Comprometémonos a levar a cabo calquera actividade encamiñada a conseguir este hábito nos nosos alumnos.

· Pretendemos que a nosa escola sexa un elemento integrador e compensador das realidades socioculturais discriminatorias, polo que poñeremos especial interese no ensino compensatorio.

. Potenciaremos o uso do galego dentro da comunidade escolar, desde a educación infantil ata o remate da E.P. Publicaremos revistas e colaboraremos nas festas e celebracións de acontecementos tradicionais do contorno.
· Pretendemos que o noso centro sexa un centro aberto. Fomentamos a relación dos nosos

FORMULACIÓN DE OBXECTIVOS

- Conquerir que os alumnos coñezan o seu contorno e se sintan coprotagonistas da realidade que os rodea.

- Proporcionar aos alumnos que o precisen un elemento compensador no seu proceso formativo.

- Conquerir que os pais dos alumnos se sintan partícipes na educación dos seus fillos.

- Preparar aos alumnos para o uso das dúas linguas da Comunidade de xeito que poidan utilizar a que crean máis conveniente.

- Fomentar a colaboración e a tolerancia abríndolles un horizonte amplo e diverso.