o colexio   actividades
 
servizos
 
información
 
enlaces   taboleiro
   actividades
 
 

saídas escolares

comenius

proxectos

celebracións

experiencias



 
Proxecto Comenius
 

 

European Fairy Tales

 

Unha aproximación creativa aos contos tradicionais europeos

 

Obxectivos

Mellorar o coñecemento da herencia cultural europea.

Desenvolvemento das habilidades en lingua estranxeira.

Emprego das novas tecnoloxías no ensino.

Desenvolvemento da creatividade do alumnado.

 

A consecución destes obxectivos consolidará a identidade europea dos alumnos e alumnas e proporcionará, a través do diálogo e dos intercambios culturais, un mellor entendemento e respecto entre os pobos de Europa, contribuíndo a loitar contra o racismo e a xenofobia.

 

Visita a páxina web do Proxecto

 

 

 

Comenius  é un programa educativo da Unión Europea

O seu obxectivo consiste, na mellora da calidade do ensino, reforzar a súa  dimensión europea e promover a aprendizaxe de idiomas e a mobilidade.

COMENIUS fai fincapé, ademáis, na  aprendizaxe nun marco multicultural, peza clave dla cidadanía europea; o apoio a grupos desfavorecidosla loita contra o fracaso escolar e la prevención da exclusión.

 

Estes son os centros participantes  
   
 

Bergsbyskolan Skelleftea (Suecia)
Direzione Didattica di Caluso Caluso (Italia)
DDS 1º Circolo Mimmo Beneventano Ottaviano (Italia)
CEIP Sofía Casanova Vilaboa -Culleredo (España)
GHS Mildstedt (Alemaña) 
Grupul Scolar Preda Buzescu (Romanía)
 Scoil Bhride (Irlanda)
Firoda Nacional School (Irlanda)
CEIP Sofía Casanova Vilaboa -Culleredo (España)
 

Actividades levadas a cabo

 
   
 

Nos colexios participantes estivemos traballando con contos tradicionais de maneira diferente segundo a idade dos alumnos. Os maiores leron os contos, reescribíronos coas súas palabras e traducíronos ao inglés. Os máis pequenos escoitáronos e fixeron debuxos que servisen de ilustracións.

Na páxina aparecen contos tradicionais e outros creados a partir deles nos idiomas dos países participantes. A maior parte deles están traducidos ao inglés, que é tamén a lingua utilizada polo profesorado na súas comunicacións e nas reunións do proxecto.

CURSO 2003-04

 

Salientamos as seguintes actividades:

Publicación de contos na web. Polo menos un conto de cada centro participante no idioma ou idiomas de cada país e en inglés.

En todos os colexios participantes os alumnos inventaron os seus propios contos baseados en personaxes tradicionais. Varios están xa traducidos na web.

 

Arredor dos contos xurdiron estas iniciativas de interese:

1. Comezamos un glosario de palabras que teñen relación cos contos, acompañadas dun debuxo e ordenadas alfabeticamente.

2. O obxectivo é conseguir que cada palabra apareza en todos os idiomas dos países participantes e engadirlles son.

3. Hai tamén cuestionarios elaborados polo alumnado sobre as súas escolas e países que poden ser respondidos na web

4. Marcadores de libros con temas dos personaxes traballados.

5. Emprego do pirogravador para escribir palabras en galego e castelán nunhas taboíñas de madeira, nas que por unha cara aparecen as palabras en inglés e pola outra, nos idiomas dos países participantes.

6. Exposición dos traballos realizados, primeiro no Colexio, e despois no Conservatorio de Música de Culleredo. Ver album de fotos

Algunhas destas iniciativas pódense consultar na páxina web do Proxecto

CURSO 2004-05

 

Das actividades realizadas subliñamos as seguintes:

 

1.  O alumnado participante escribiu en galego, castelán e inglés lendas sobre a fundación da Coruña e sobre a Cova da Serpe.

 

2.   Fixeron ademais os debuxos cos que se ilustraron as lendas. Estas foron recollidas en carpetas variadas segundo o contido dos contos e os cursos e niveis do alumnado participante.

Ver album de fotos

3.   Hai tamén unha serie de crebacabezas, uns en soporte informático e outros en madeira, cun debuxo de cada escola participante. Os debuxos están tomados dos contos e aparecen na páxina web do proxecto: “puzzlewebsite”. Isto posibilita que se poida acceder a eles e compoñelos co número de pezas que se queira. Estes debuxos imprimíronse, pegáronse en pranchas de madeira e recortáronse en pezas. Xunto con cada un está o conto en galego, en castelán e en inglés.

 

4.  Continuamos coa elaboración do dicionario multilingüe, ao que se incorporaron este curso catro novos colexios, un situado en Alemaña, outro en Rumanía e dous en Irlanda.

 

5.   Recollemos nun DVD  cancións, xogos e bailes tradicionais.

 

6. Expuxemos no noso colexio unha escolma de contos dos colexios participantes de Italia, Suecia e Alemaña.

 

CURSO 2005-06

Último do proxecto. Levamos realizado as seguintes actividades:

 

  • Descrición do noso colexio en inglés, acompañada de debuxos e fotos tiradas polo alumnado.Ver album de fotos

 

  • Continuamos coa elaboración do dicionario multilingüe.

 

  • O alumnado participante concluíu o 3º capítulo do Conto Viaxeiro e debuxou ilustracións para o mesmo. Os capítulos 1º e 2º foron escritos polos colexios de Ottaviano (Italia)  e Berbesti (Romanía) respectivamente.

 

  • No centro temos unha exposición con este traballo, que esperamos completar cando estea rematado o Conto Viaxeiro. Ver album de fotos

  • Así mesmo estamos a preparar un libro xigante  que conteña os contos e debuxos de  Meigas, Trasnos e Cocas realizados polo noso alumnado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

REUNIÓNS DO PROXECTO:

 

Ao longo destes tres anos leváronse a cabo seis xuntanzas. Tiveron lugar nas datas e lugares que a continuación se indica:

 

1ª Outubro de 2003 en Caluso (Italia)

 

2ª Maio de 2004 en Vilaboa (Galicia)

 

3ª Decembro de 2004 en Skelleftea, (Suecia)

 

4ª Maio de 2005 en Ottaviano (Italia)

 

5ª Outubro de 2005 en Berbesti (Romanía)

 

6ª Maio de 2006 en Kilkenny (Irlanda)

 

 

 

Ver album de fotos(Das xuntanzas  3ª, 4ª, e 6ª elaboramos DVDs  que empregamos nas clases como material moi útil de intercambio cultural e cos que agasallamos aos demais centros participantes neste proxecto)

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN FIN DO PROXECTO

 

Con todo o material elaborado durante estes tres anos, recollido nun CD ROM, fixemos unha exposición na Biblioteca do colexio aberta a toda a comunidade educativa, desde o 20 ao 29 de Xuño. Ver fotos

 

 

© 2007 CEIP Sofía Casanova . Vilaboa . Culleredo