o colexio   actividades
 
servizos
información
 
enlaces   taboleiro
   actividades
 
 

saídas escolares

comenius

proxectos

celebracións

experiencias


 


 
plan PROA
 
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de concedernos para o presente curso a participación do noso colexio por segundo ano no Plan PROA,  (Programa de Reforzo, Orientación e Apoio).

Este é un programa que se vén desenvolvendo desde o curso 2005-06 en colaboración co Ministerio de Educación e Ciencia.

O programa está dirixido ao alumnado do último ciclo de educación primaria e nel participarán máis de vinte nenos e nenas.
 

As características máis salientables deste Plan son as seguintes:
 
  • É unha acción dirixida ao alumnado que presenta dificultades relacionadas coa ausencia de hábitos de traballo, escaseza de motivación, atraso no proceso de maduración persoal, pobre integración no grupo e no centro, aprendizaxe deficiente das áreas instrumentais e que por diversos motivos (por exemplo, laborais) non pode recibir o apoio e reforzo que precisa no seo da súa familia; aínda que exista a vontade de facilitar esta axuda.

     

  • Pretende reforzar as competencias básicas, mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura, reforzar a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alentar ao estudio e propoñer formas de traballo eficaces.

     

  • Cada grupo estará ao cargo dun profesor ou profesora, que realizará o acompañamento fóra do horario lectivo do centro, dous días na semana, en módulos de dúas horas. Unha profesora do centro desenvolverá labores de coordinación entre as partes: profesorado titor, alumnado, familias,...

     

  • As familias deben dar o seu consentimento por escrito á participación dos seus fillos e fillas no programa, considerándose a asistencia e permanencia, dalgunha maneira, como un compromiso en firme, do que en gran medida vai depender o éxito do programa. Así mesmo, deben comprometerse no apoio e motivación ás actividades que se desenvolven no programa durante a duración do mesmo.
 

 

© 2008 CEIP Sofía Casanova . Vilaboa . Culleredo