o colexio   actividades
 
servizos
 
información
 
enlaces   taboleiro
   o colexio
 

onde estamos

proxecto educativo

e. infantil

e. primaria

contacta con nós



 

 

 

Sofía Casanova


Nace o 30 de setembro de 1861 na Coruña, no número 141 da rúa Espoz y Mina, hoxe chamada rúa de San Andrés.
Filla de Dna. Rosa Casanova e D. Vicente Pérez Eguía, litógrafo de profesión e vinculado a un grupo de xente cun papel moi importante na vida cultural e intelectual da cidade herculina.
A infancia de sofía Casanova transcorre entre A Coruña e Almeiras (Culleredo), onde residían os seus avós maternos. A vinculación con Almeiras aparece en moitas das lembranzas que a autora plasma nas súas obras, sobre todo en "Recuerdos de infancia y juventud". Tamén hai referencias a outros lugares de Culleredo, coma O Burgo.


"merced a vuestro encanto, resurgir veo
la infancia con sus dulces nimios detalles,
y en el risueño Burgo, que aún miro, creo,
la humilde cruz de piedra de nuestros valles".


Asiste a unha escola na rúa Panaderas ata o ano 1874 no que a familia, abandonada polo pai no 1865, se traslada a Madrid. O cambio resultou dolorosísimo. Sofía era daquela unha nena e, aínda anos despois, rememoraba o seu sentir daqueles primeiros anos en Madrid: "Este sol duro, brillante, me quebrantaba, dolía a mis ojos, enervaba mi espíritu, haciéndome sentir la nostalgia de la terriña. Aquel cielo suave, amoroso, aquella luz, van siempre con nosotros..."
Pero pronto empezou a ser coñecida nos ambientes máis refinados de Madrid polo seu talento literario, o seu don de xentes e a confianza e o respeto que infundía. Así que, axiña comeza a relacionarse nas altas esferas da vida social e intelectual madrileña.


Escribe e publica poemas e é sorprendente a cantidade de colaboracións súas en revistas e xornais de Cuba.


Sofía era unha muller de porte distinguido, agraciada e culta. Un mozo polaco moi culto, refinado, de familia aristócrata, Wicenty Lutoslaswki, coñece á escritora, namórase dela e casan en Madrid o 19 de marzo de 1887.


Viaxan a Polonia e van vivir en distintos países europeos nos que o seu home traballa. Teñen tres fillas, pero morre unha delas ós 4 anos, e Sofía cae nunha tremenda depresión.
No 1896 deciden psar o verán en Mera e alí nace a última filla do matrimonio. A súa estancia en Mera vaise prolongar dous anos. Neste tempo Sofía recupera as vellas amistades e coñece nova xente. Frecuentan os círculos dos integrantes da "Cova Céltica" e colaboran con eles na conservación dos seus ideais.


Deciden regresar a Polonia. A festa de despedida remata coa expresión de desexos dun futuro libre para Galicia e Polonia.


Pasado un tempo Sofía retorna a Madrid (ano 1909), onde se instala por un espacio de cinco anos. De novo volve a escribir, colabora en certames, reunións sociais e literarias. Mantén relacións con outros moitos intelectuais. É nomeada membro da Real Academia Galega.


Foi unha persoa cunha mentalidade aberta no que concerne á participación da muller na vida social e política, algo pouco frecuente naquela época. Realizou actividades no campo da solidariedade social, tratando de mellorar as condicións hixiénicas das familias humildes e prestando unha especial atención á situación e educación dos nenos e nenas.


Durante estes anos realizou unha actividade literiaria e social enorme: conferencias, tertulias, publicación de poesías, relatos, episodios, comedias, etc. Levou a cabo un traballo intenso, interesante e moi recoñecido, como o demostra o feito de ter recibidas moitas homenaxes.


Co obxecto de visitar a familia volta a Polonia. Alí sorpréndea a guerra de 1914.
Inmediatamente Sofía ponse en contacto coa Cruz Vermella e con ela vai colaborar. É destinada á sección de feridos graves do hospital de urxencia que se instala na estación de Viena en Varsovia.
Procuraba toda a información posible falando coas víctimas que chegaban do frente, lendo a prensa, observando as novas tácticas bélicas. Anotaba tódolos detalles. Era, en fin, dona dunha información extraordinaria, que ela trataba de transmitir a España, e algunha vez conseguíuno.
O ABC logra poñerse en comunicación con ela para que sexa a cronista do xornal desde Polonia, labor que continuaría até 1944.


Se a tarefa dun cronista de guerra sempre é difícil, a que desenvolveu Sofía Casanova é impensable nunha muller naqueles anos.


Ela estivo nas trincheiras, ela vía e compartía o sufrimento de soldados e civís. Estaba horrorizada. Pero día tras día, durante a contienda europea, mantívose firme traballando e sendo testigo e poseedora dunha información da que seguramente carecían outros corresponsais do mesmo xornal.
Moito máis se podería contar da vida e a obra desta singular muller, que morre no ano 1958 en Poznan (Polonia). Pero pensamos que é suficiente isto para dar unha idea da súa personalidade.

 

© 2005 CEIP Sofía Casanova . Vilaboa . Culleredo