|
A orientadora é a
persoa que se encarga de asesorar ás familias, ao alumnado e
aos mestres e mestras ao longo do proceso educativo mediante
as seguintes axudas:
-Orientando a pais e
nais nas dúbidas que xurdan na educación dos fillos.
-Organizando os apoios
aos rapaces nas necesidades educativas de cada un.
-Colaborando co
profesorado na atención individualizada dos seus alumnos e
alumnas.
Este traballo
desenvólvese no horario escolar.
Para a atención ás
familias débense comunicar cos titores solicitando unha cita
coa orientadora.
|