Don Quijote foi este ano o protagonista da celebración do Día Mundial do Libro. Catrocentos anos despois da súa publicación, este xenial personaxe foi o protagonista principal de debuxos, narracións e exposicións levadas a cabo no noso centro neste mes de abril.

     No 1995 a UNESCO proclamou o día 23 de abril "Día Mundial do Libro e Dereitos do autor". Data na que se recorda o pasamento  de dous grandes xenios literarios:  Miguel de Cervantes e Willian Shakespeare.

   

"Un libro é coma un xardín

que se leva no bolsillo"

   Este proverbio árabe é unha de tantas citas e frases célebres comentadas estes días nas nosas aulas. Frases que realzan a grandeza do hábito lector.

 

   No colexio realizamos diferentes actividades: marcapáxinas, collages, exposicións,... pero unha das actividades máis interesantes e gustosas tanto para o alumnado como para o profesorado, é o intercambio de libros que realizamos con dous centros do noso concello.

   O alumnado de cada curso ou ciclo decide que libros lle van recomendar ós alumnos e alumnas do mesmo nivel dos outros centros. Chegado o día unha representación do alumnado de cada colexio viaxa ós outros centros para realiza-la entrega. Sóese acompañar con algún agasallo elaborado polo alumnado.

Entrega de libro

     Os nenos e nenas  do noso centro, este ano decidiron recomenda-los seguintes títulos:

1º: "O exército das ovellas".-A Nosa Terra

2º: "A aventura dos muíños".- A Nosa Terra

3º e 4º: Fray Perico en La Mancha.- S.M.

5º e 6º: "El Quijote".- Edebé