Un dous de abril, fai 200 anos, nace Hans Christian Andersen. Con tal  motivo conmemórase nesta data o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil".
   A mensaxe escollida este ano para transmiti-lo valor do libro infantil foi:

   "Os libros son os meus ollos"

  Esta data celébrase para inspira-lo amor pola lectura e para sinala-la importancia dos libros infantís.

   Sabiades que existen os premios Andersen? Son algo así como o "Premio Nobel" da literatura infantil. Prémianse autores, autoras, ilustradores e ilustradoras relevantes no mundo da literatura infantil e xuvenil. Estes premios están patrocinados pola raíña Margrethe de Dinamarca.

 
 
   Na nosa biblioteca recopilámo-las obras de Andersen e, xunto cun mural, démolas a coñecer a todo o alumnado.
   Fixemos lecturas e dramatización dalgunhas das súas obras. "O soldadiño de chumbo" tivo un gran éxito no primeiro ciclo.