CASTAÑAS EN ALMIBAR

     INGREDIENTES

 

      * 1kg de castañas

      * 300g de azucre

      * canela

      * 1l auga

 

     PREPARACIÓN

 

   Quítalle a tona de fóra ás castañas e cóceas 15 minutos. Entre tanto, poñer unha pota co azucre, 33 cl de auga e o pau de canela ó lume, removendo de cando en vez, 10 minutos.    Cando as castañas estean cocidas, escoalas, estonalas, poñelas no almíbar uns 10 minutos, movendo a pota para que non se peguen.  Mete--las castañas nos tarros e cubrilas  co almíbar. Cando estean frías, tapa-lo tarro.

.

 
 
 

FLAN DE CASTAÑAS

     INGREDIENTES

 

     * ½ kg de castañas

          * 250g de azucre

          * 4 ovos

          * 2 vasos de leite

          * vainilla

 

     PREPARACIÓN

 

   Quitarlle a primeira tona ás castañas e poñelas a cocer 15 minutos. Cando estean cocidas, estonalas e poñelas a cocer de novo cun vaso de leite, 150 g de azucre e vainilla. Cando estean ben cocidas pasámolas polo  pasa-purés  (engadir máis leite, se cómpre). A continuación, mesturamos esta masa coas 4 xemas de ovo e o resto do azucre, mesturándoo ben e coas claras a punto de neve. Por último, poñemos todo nun molde untado de caramelo e cocémolo a baño maría ata que ó picalo cunha agulla saia seca.