CABELO DE ANXO
INGREDIENTES
2kg de cabaza ( vidra de coiote)
2kg de azucre
1 pau de canela
zume de 2 limóns
1/2 l de auga
 
PREPARACIÓN

  As cabazas deben ser o máis maduras posibles. Golpealas ata que a corteza quede ben rota. Logo saca-la pulpa coa axuda dun coitelo. Cortala en cachos grandes, quitarlle os fíos e as sementes e poñela a cocer en bastante auga. Cando estea blanda bótase nun escurridor. Pésase e ponse nunha pota a cabaza, o mesmo peso de azucre, a canela e o zume de limón. Poñer a cocer uns 45 minutos. Non deixar de remexer para que non se pegue.

   Co cabelo de anxo podemos facer: empanadillas doces, follada rechea, torta de Mondoñedo.

   
 
 
MARMELADA DE CABAZA E LARANXAS
INGREDIENTES
1 e ½ kg de cabaza
½ kg de laranxas
2 kg de azucre
vainilla
½ l de auga
 
 
PREPARACIÓN

   Lava-las laranxas ben con auga morna. Poñelas nunha pota e cocelas 5 minutos. Ás 12 horas dáselle outra fervedura, déixanse enfriar, escórrense, córtanse para  quitárllelas pebidas e pasalas polo pasa-purés. Ponse na pota  ½ l de auga a vainilla e dáselle un  fervor. Engádese a carne da cabaza cortada en dados, o azucre e deíxase macerar de 12 a 24h. Por último, férvese ó redor dunha hora, remexendo a miúdo. Quítase do lume, énchense os tarros e cando estean fríos tápanse.