|
Para librarse da súa influencia maléfica, ó chegar a noite, poñían
arredor dos seus castros as caveiras dos guerreiros vencidos, alumeadas cunha candea. Pretendían así asustar
ás pantasmas errantes
e afastalas das súas casas.
O
costume actual, do tempo do outono, de tallar nas cascas dos melóns
ou das cabazas, e poñelas á noite nos currunchos e nos camiños é a
lembranza das antigas tradicións celtas. Estendido aínda hoxe por
aqueles países cun mesmo pasado celta, foi levado a América do Norte
polos inmigrantes europeos e alí acabaría callando nas modernas
celebracións do Halloween. A festa cristiá de Santos e
Defuntos, que se conmemora o 1 de novembro, tería tamén a súa orixe
nas celebracións do tempo do Samaín.
Rafael López Loureiro
Un dos promotores da Festa do Samaín
|