Séguenos en |
Circulares informativas
Solicitude de alta na ANPA |
Carta de presentaciónTal e como figura no artigo 2 dos Estatutos da ANPA CMUS Profesional da Coruña, esta Asociación terá as seguintes finalidades: -Asistir ás nais, pais ou titores en todo aquelo que concerne á educación dos seus
fillos ou pupilos. Así como calquera outra que, no marco da normativa que se refere, se lle asignen os seus respectivos estatutos. Tales como: -Estimular a participación dos pais de alumnos na programación do ensino a través do
órgano colexiado correspondente. De todo elo deriva a importancia da nosa participación como pais e nais na ANPA. Formar parte da ANPA non é obrigatorio, pero sí desexable. As familias que formamos parte da Asociación pagamos unha cuota anual e nos convertimos así en socios. Os socios temos dereito a decidir e formar parte dos órganos da Asociación e o presuposto da ANPA destínase íntegramente no beneficio de todos os alumnos do centro a través de diferentes medios: -Xestión, adquisición e préstamo de instrumentos, libros e partituras e outros
materiais. Éstas e calquera outra actividade proposta polos socios da ANPA e/ou personal do Centro (CMUS Profesional de A Coruña), sempre que corresponda coas finalidades anteriormente mencionadas, será obxecto de estudo e análise para a súa posible posta en marcha e por suposto, todas as ideas son de agradecer. Somos un Centro grande, integrado por uns 700 alumnos; deberíamos formar unha grande ANPA integrada por un grande número de nais e pais deses 700 alumnos e así participar todos xuntos beneficiándonos das ventaxes de formar unha ANPA. Ademáis, tamén contamos cunha grande acollida por parte do Centro, equipo directivo e persoal docente, todos eles implicados desde un principio no proceso de creación da ANPA e agora volcados en apoiarnos con todo o necesario para poder inciar a nosa actividade. Desde a Xunta Directiva vos animamos a participar e formar parte da ANPA, tanto como socios, como novas incorporacións á propia Xunta Directiva. Un cordial saúdo, A Xunta Directiva da ANPA CMUS Profesional da Coruña. ANA MARQUINA (Presidenta), ISABEL RUBIO (Vicepresidenta), MÓNICA LODEIRO (Tesoreira), ALBA LÓPEZ (Secretaria) |